rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Celebración do #BLOOMSDAY

Celebración do #BLOOMSDAY

Dates: 
16 June 2022
Hours: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 15.00

Presentación da reedición do Ulises en galego (Editorial Galaxia) e lecturas públicas durante toda a xornada.

A actividade está organizada por Editorial Galaxia en colaboración co MARCO, coincidindo coa #MuseumWeek.

Dende a Editorial Galaxia e o MARCO convocámosvos á celebración do BLOOMSDAY este xoves 16 de xuño, nun ano no que se cumpre o centenario da publicación do Ulises, de James Joyce.

A presentación á prensa terá lugar mañá xoves ás 11.30, no salón de actos do MARCO, coas intervencións de Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e María Alonso Seisdedos, como representante do equipo responsable da tradución do Ulises ao galego: Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo, e Antón Vialle.

BLOOMSDAY 2022 / REEDICIÓN DO ULISES EN GALEGO


Este ano cúmprese o centenario da publicación de Ulises, de James Joyce, e na Editorial Galaxia teñen preparado unha gran festa arredor da efeméride. Con motivo desta celebración, a obra foi reeditada este ano en rústica, seguindo a primeira edición publicada en 2013, a cargo dun brillante equipo de traducción:

https://editorialgalaxia.gal/galaxia-reedita-o-ulises-de-james-joyce-no-seu-centenario/

LECTURAS PÚBLICAS DURANTE TODA A XORNADA:

Unha vez rematada a presentación dará comezo, no exterior do MARCO (rúa Príncipe) unha serie de lecturas públicas nas que pode participar calquera persoa interesada, e que estarán en marcha durante todo o día: de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30.

O obxectivo é achegar a obra de Joyce ao público máis amplo posible. Que mellor xeito de facelo que cunha lectura colectiva ao redor do seu legado?

+ INFO

https://editorialgalaxia.gal/a-editorial-galaxia-celebra-o-bloomsday-en-vigo/