rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Academia de Sons 2016 [Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS]

Academia de Sons 2016 [Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS]

Fechas: 
4 julio 2016 - 8 julio 2016

No 12º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons a Academia de Sons chega a súa cuarta edición con epicentro no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Esta proposta afonda, por unha banda, na vertente formativa e, por outra, na procura de novos públicos. Ademáis de volver a ser o escenario durante tres xornadas de concertos arraiáns, desafiantes, excéntricos e cheos de virtuosismo co percusionista Robertoliveira, o saxofonista Frank Gratkowski e o trío FronTTon, no MARCO concéntrase unha semana de actividades nas que divertirse, aprender, construír e relacionarse. Un convite á interactuación entre xeracións convidando a pequenos e maiores a experimentar ao redor da música e do jazz con incursións no audiovisual, nas artes plásticas, na tradición oral e até na neuroloxía. Bota un ollo e escolle a túa actividade. 

Obradoiro con Esferobite “Superpuppets Playback”
Luns 4 de xullo, 11h 
Límite de prazas: 20
A partir de 7 anos, nais, país, nenas, nenos
Duración: 3 horas

Na Academia de Sons gustamos moito de xuntar as creacións musicais e visuais. Este é un obradoiro que consta de dúas partes e cuxo obxectivo é realizar un videoclip en familia acompañados de marionetas. Nunha primeira parte teórica, explícase de forma amena como se vai gravar o vídeo musical, como se prepara a actuación en directo e introdúcese a técnica do playback coas marionetas. Na segunda parte cada familia selecciona unha canción que saiba de memoria e pasan á area de confección da marioneta, onde terá materiais como calcetíns, ollos, pelos e complementos que prefiren utilizar para o seu “show”. Unha vez listos, seleccionaremos un fondo animado para utilizalo gravaremos un ensaio da súa actuación, para poder visionala e comentar como mellorar. E finalmente ródase a toma final do playback da marioneta.

Obradoiro con Carlos Gende “Beatbox”
Martes 5 de xullo, 11h 
Límite de prazas: 25
A partir de 9 anos
Duración: 2 horas
O Beatbox ou percusión vocal é o arte de executar ritmos tan só coa imitación de instrumentos musicais e a ampla variedade de sons producidos coa boca e a respiración. Trucos, imaxes, vídeos e fragmentos sonoros serven de apoio neste obradoiro. Recorda que o beatbox aínda que vinculado a xa ben coñecida cultura do hip hop (pois tratase do 5º elemento ou piar xunto co rap,breakdance, graffiti e dj) ou a estilos máis actuais de tipo dixital/electrónico, comparte as súas raíces coas músicas analóxicas tradicionais dos países máis dispares!

Obradoiro con Juanma Lodo 

Mércores 6 de xullo, 11h
“Tocando electrónica: botóns, teclas e froitas”
Límite de prazas: 25
Todos os públicos a partir de 6 anos
Duración: 2 horas

Con esta proposta queremos rachar a liña que separa ao artista electrónico do público. Se na pasada edición da Academia de Sons, aprendíamos a construír circuítos con Mateo Mena, este ano Juanma Lodo dá un paso máis alá para achegar a todos os públicos o que se esconde detrás das “caixas negras con botóns e teclas”. Aprenderemos o que é un sintetizador, unha caixa de ritmos, un sampler, un loop, os bpms, os efectos de son….e faremos música con froitas.

Obradoiro con Laura Álvarez “Liñas que bailan” 
Xoves 7 de xullo, 11h
Límite de prazas: 20
A partir de 6 anos

Pódese debuxar de mil maneiras... Debuxar con todo o corpo, correndo, saltando, rindo. Pódese debuxar sen mirar, debuxar co corpo do outro, debuxar coa voz, con sons, debuxar co aire...No Festival Imaxina Sons imos propoñervos debuxar con sons, claro. E co corpo, en movemento. Dun xeito eminentemente práctico e lúdico aproximarémonos a un modo diferente de abordar o debuxo e a pintura, investigando conceptos como a continuidade, a inmediatez, o simétrico e asimétrico, o rápido e o lento, o salto, a caída, o vínculo etc...Revalorizando o noso propio trazo e liberándoo do seu habitual labor representativo descubriremos unha linguaxe gráfica que nos permita expresar a nosa individualidade e plasmar no papel as nosas situacións, estados e estares, favorecendo un ambiente no que nos sintamos libres para expresarnos.

Obradoiro con Pelayo Fernández Arrizabalaga “Partituras gráficas” 
[ESTE OBRADOIRO SERÁ FINALMENTE NA CASA DAS ARTES]
+ info en http://www.imaxinasons.com/

Venres 8 de xullo
Límite de prazas: 15
A partir de 14 anos, especialmente recomendado para músicos, estudantes de música e arte.
Para os músicos, recoméndase traer instrumento

Formado nas artes plásticas e visuais e considerándose a si mesmo un músico “de oído”, Pelayo Fernández Arrizabalaga botou man de artiluxios visuais para comprender a notación musical. O que nacía como un sistema de apoio no seu desenvolvemento musical tomou forma como proxecto plástico-musical coa construción dun círculo cromático de notas. A nota DO era vermella e fronte a ela, SI era dun verde prado. Primero foron temas de Charlie Parker pasados a cor; despois a escritura cromática de “Giant Steps” de John Coltrane e, como derivación lóxica, naceu a partitura xiratoria. Un cadro, si, pero susceptible de ser lido por un intérprete musical. Neste obradoiro dirixido a persoas interesadas na música e nas artes plásticas, Pelayo Fernández comparte e demostra o seu sistema de partituras gráficas.

Foto de portada: Janite (detalle). Imaxina Sons 2015