VISITAS ESCOLARES. O fío de Ariadna
No MARCO continuamos en marcha coa programación para escolares, que durante o mes de abril e ata mediados de maio xira ao redor do edificio do MARCO e a súa arquitectura .
Nestes meses, aproveitando o paréntese antes da inauguración da próxima exposición na planta baixa, a idea e tomar como punto de partida a propia arquitectura do edificio. A actividade consiste nunha visita-obradoiro durante a cal se percorre unha parte das salas, seguindo un fío imaxinario que chamamos "O FÍO DE ARIADNA", ao tempo que falamos sobre a historia e o pasado do edificio e a súa transformación (de cárcere e xulgados ao seu novo uso como centro de arte contemporánea), e levamos a cabo varios xogos, exercicios e experiencias relacionadas co espazo, coa súa percepción, e coas peculiariedades e funcións dos distintos elementos.
Como é habitual na programación educativa do MARCO, os contidos e ritmo da visita-obradoiro deséñanse en función das idades e características dos participantes, con propostas diferenciadas para escolares de Infantil, Primaria e Secundaria/Bacharelato, e para grupos con necesidades específicas.
Horario actividades escolares: martes, mércores, xoves e venres, de 11.00 a 12.15 (1ª quenda) ou de 12.15 a 13.30 (2ª quenda).
Todas as actividades para escolares son gratuítas.
PREVIA CITA no email info@marcovigo.com, ou no teléfono 986 113904 / 986 113900 (ext. 304 ou 100)
Colabora: