rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
9 filmes de Grace Schwindt

9 filmes de Grace Schwindt

19 febreiro 2016 - 15 maio 2016

*Os filmes proxéctanse en V.O. (inglés/alemán con subtítulos en inglés)
De martes a venres, de 11.15 a 14.00 e de 17.15 a 20.30, agás festivos

Este ciclo retrospectivo recolle a produción fílmica de Grace
Schwindt, artista que utiliza medios diversos como o cinema, a
performance ou a escultura para abordar temas relacionados coa
memoria e a construción das relacións sociais ou os sistemas de
poder. Nas súas pezas, cunha forte compoñente teatral, intenta
desmontar os sistemas establecidos implicando a audiencia no
cuestionamento da contorna: ser conscientes de como se
comportan os nosos corpos dentro de certos esquemas alértanos
sobre a súa fraxilidade.
Schwindt utiliza recursos da danza e o teatro cunha clara
inuencia do construtivismo, a Bauhaus ou o teatro vangardista
ruso. Sitúa os actores, entre os que se atopa ela mesma, en
escenografías minimalistas, como parte dunha coreografía
que elabora a partir de entrevistas con outros individuos.
Os diálogos entre os actores, os movementos e os obxectos xeran
un novo espazo social no que as fronteiras entre a cción e a
realidade se dilúen. A realidade móstrase como unha
construción social.
Unha das súas derradeiras películas, Only a Free Individual
can Create a Free Society (2014), supón unha reexión sobre a
imposibilidade de comportarnos libremente dentro do
capitalismo, sistema organizado baixo unha moralidade que
favorece as relacións de alienación, dominación e opresión. É
unha peza elaborada a partir dunha entrevista cun activista
alemán que militou nos movementos estudantís de esquerda dos
anos sesenta e setenta; conversas a partir das cales a artista crea
os diálogos, ccionados, nos que se cuestiona a posibilidade dun
pensamento autónomo obxectivo dentro dos partidos políticos.
O traballo de Grace Schwindt está impregnado dunha
dimensión crítica que podemos remitir ás temperás inuencias
da súa contorna máis próxima: creceu na rexión de Frankfurt,
rodeada dun ambiente impregnado das ideas centrais da Escola
de Frankfurt e consciente da necesidade de defender un
pensamento crítico e reexivo, un dos piares da Escola inspirado
no pensamento marxista.
Un compromiso emancipador e o interese por descubrir o
que os instrumentos ideolóxicos esconden rastréxanse no
traballo de Grace Schwindt, que dende as súas primeiras
películas formula unha revisión das narrativas ociais a partir da
recuperación de pequenos relatos, historias cotiás ou singulares
que nos mostran como as narrativas persoais afectan ás
narracións do colectivo. En Meeting Florchen Gordon (2008)
9 lmes
de Grace Schwindt
o seu avó comparte, mediante unha entrevista, o recordo que
ten dunha veciña xudía durante o ascenso do nazismo, e en e
Chair (2008) é a súa avoa a que conta a súa experiencia durante
a ocupación de Berlín de 1945.
En ambos os dous traballos, cunha forte carga social e unha
marcada crítica aos roles de xénero, a artista dilúe as fronteiras
entre a cción e a realidade. Tanto nestas pezas, coma en
Counterpoint 1, Part 1: Individual Accounts (2010) ou Tenant
(2012), volve sobre a historia recente de Alemaña, os factores
materiais que denen as sociedades humanas ou os procesos
históricos, evidenciando as contradicións que estes relatos
conteñen.
O traballo de Grace Schwindt supón unha crítica aos sistemas
establecidos cuestionando a suposta liberdade individual que
propugna o capitalismo, así como o código moral que rexe as
súas formas de actuar. Mediante a deconstrución destes sistemas
de poder —o aparato familiar, a comunidade, o Estado ou os
sistemas de crenzas—, a artista convídanos a pensar en como se
xeran as estruturas sociopolíticas ás que pertencemos. Nos seus
lmes tamén revisa os documentos que rexen o funcionamento
dos gobernos e como determinados signicados se proxectan en
diferentes contextos. Certas xeografías, como os Alpes, están
ligadas á identidade alemá —cuestión que aborda en Clean Air
(2013)— e as fronteiras poden ser revisadas dende unha
perspectiva militar, como acontece en e Signal (2011), unha
peza na que a historia narrada en primeira persoa dun soldado
lle serve de punto de partida para abordar as construcións
xeopolíticas.
———
Emprego decorados teatrais cos mínimos elementos arquitectónicos
necesarios para delimitar unha localización. Sitúo persoas nestes espazos,
incluída eu mesma, e utilizo unha coreografía guionizada, moi precisa,
na cal cada movemento se relaciona con diferentes sistemas
institucionalizados, que están sempre baseados en procesos de exclusión e
destrución. As entrevistas que fago ás persoas adoitan servir de punto de
partida para os diálogos ccionados que posteriormente interpretan os
diferentes performers.
Cando trato de representar un sistema, tento deconstruílo utilizando
os mesmos mecanismos que uso para construílo: corpos, movementos,
discurso, mobiliario e vestiario. Por exemplo, a película Tenant describe
as rutinas que teñen lugar no fogar familiar, tales como comer xuntos,
facer os deberes ou o momento do baño. Estas rutinas, á súa vez,
insírense dentro dun contexto histórico e social máis amplo, e
interrómpense repetidamente na obra cando aparece unha performer
que cae polas escaleiras no preciso instante no que alcanza o cume. Na
miña obra, o corpo transfórmase nun fráxil soporte en perigo constante.
 
———
Grace Schwindt (Alemaña, 1979) estudou fotografía na University of
Westminster e un MA in Fine Arts na Slade School of Fine Art, Londres.
Actualmente imparte clases en Goldsmiths, Londres. Os seus traballos puideron
verse, recentemente, en South London Gallery, Institute of Contemporary Arts,
ou Whitechapel Gallery, Londres; Collective Gallery, Edimburgo; Wiels - Centre
for Contemporary Arts en Bruxelas; a 14ª Bienal de Istambul ou en White
Columns, Nova York.
9 lmes
de Grace Schwindt
PROGRAMA
Mañá: 11.15-14.00h.
Meeting Florchen Gordon, 2008
00:04:49
Nesta obra o avó da artista recorda o
momento no que coñeceu unha veciña xudía
en Berlín durante o alzamento da Alemaña
nazi. Conta a historia mentres a ilustra cun
debuxo.
e Chair, 2008
00:10:08
Schwindt entrevista a súa avoa sobre a súa
experiencia durante a ocupación de Berlín en
1945, facendo ncapé no compromiso social
e nas políticas de xénero.
Counterpoint 1, Part 1: Individual
Accounts, 2010
00:46:12
Esta peza representa a documentación en
vídeo da performance do mesmo título,
representada por vez primeira no Institute of
Contemporary Arts de Londres en xuño de
2010. Mediante a produción de vídeos,
instalacións e obras de texto, Schwindt
investiga as negociacións persoais,
contemporáneas, na historia alemá. A obra
ten o seu xerme nunha anterior serie de
traballos titulada Counterpoint, e xira ao redor
dunha serie de entrevistas realizadas pola
artista a once alemáns que vivían en Nova
York. Ao volver presentar estas entrevistas
con axuda de actores, establécese unha
relación entre o malestar físico e a situación
violenta. Nace a representación sociopolítica.
e Signal, 2011
00:30:27
Tomando como punto de partida o relato dun
soldado, a obra explora o signicado dentro
da estratexia militar da paisaxe e do potencial
do corpo humano.
Reading from a Ribbon, 2012
00:26:45
Reading from a Ribbon analiza desexos e
posibilidades á hora de crear igualdade nas
relacións sociais. A peza parte dun monólogo
que toma forma de carta. O texto preséntase
de varias maneiras: cosido a un lazo de doce
metros que se desdobra lentamente, escrito
nun disfrace, e falado por un performer.
Unha tensa coreografía permite que o texto se
desdobre durante 24 minutos, nos cales unha
audiencia é testemuña de varias fases dunha
narrativa desenvolvida con teatralidade.
A peza está composta de catro performers:
unha muller de 50 anos, un home de 70, unha
nena de 12 e a propia artista. Os diferentes
papeis tamén representan distintas relacións
sociais posibles, descritas no texto como nai
ou pai ou lla, relacións románticas, ou irmás.
Os performers case sempre aparecen en
solitario, para atoparse tan só nalgúns
momentos, nos cales se mostra unha
dependencia mutua.
Glass and Honey, 2012
00:34:08
Glass and Honey versa sobre a
mercantilización das relacións sociais e a
alienación na sociedade capitalista. O
personaxe «Artista» recita o texto a través dun
micrófono e a continuación escríbeo sobre o
muro de atrás. A artista move bloques de
construción situados contra ese muro e
colócaos arredor do outro personaxe, «50 F».
Esta actividade é interrompida por breves
interaccións entre dous performers que
actúan illados o un do outro. Chegado un
punto, a «Artista» coloca a cabeza sobre o colo
de «50 F», quen á súa vez lle arrinca un pelo.
Tarde: 17.15-20.30h.
Tenant, 2012
01:18:00
En Tenant, o fogar familiar convértese en
escenario para recrear un diálogo guionizado
que toma como punto de partida a historia
sobre a Sra. Schumacher, inquilina do avó da
artista en Berlín durante a Segunda Guerra
Mundial. De convicción comunista, axudou a
Vladimir Lenin a cruzar de Suíza a Rusia en
1917, tras o estalido da Revolución de
Febreiro. A relación entre a linguaxe e os
movementos do corpo analiza o papel que
ambos os dous elementos desempeñan na
creación do coñecemento e as relacións
sociais. Tenant describe as rutinas que se
producen no ámbito familiar como son comer
xuntos, facer os deberes ou o momento do
baño, que á súa vez se insiren dentro dun
contexto histórico e social, e se interrompen
repetidamente, por exemplo, por unha
performer que cae polas escaleiras no preciso
instante no que alcanza o cume. «Na miña
obra, o corpo transfórmase nun fráxil soporte
en perigo constante. Ogallá puidese baleirar
de signicado os espazos institucionalizados;
non obstante, isto non levaría á neutralidade
senón que se volvería cargar máis con
connotacións de xénero, idade, raza ou clase».
Clean Air, 2013
00:26:15
Clean Air analiza a proxección do signicado
na paisaxe. Por exemplo, os Alpes están
ligados ao poder, a pureza ou a limpeza,
termos tamén empregados para referirse á
identidade alemá a partir da década de 1920.
Dúas mulleres performers de xeracións
diferentes responden ante esta estrutura
mental cunha coreografía de danza, música,
disfraces, leite e calceta.
Only a Free Individual can Create
a Free Society, 2014
01:20:00
En Only a Free Individual can Create a Free
Society, Schwindt recupera discusións das que
fora testemuña de nena rodeada de persoas en
Frankfurt. O diálogo da película está extraído
dunha entrevista que a artista realizou a un
activista de esquerdas inuenciado polo
panorama político das décadas de 1960 e
1970, congurado pola Escola de Frankfurt,
a oposición extraparlamentaria e a Baader
Meinhof Gang.
A longametraxe Only a Free Individual can
Create a Free Society é resultado dun extenso
período de ensaios (5 semanas) con once
bailaríns e un dramaturgo, durante o cal se
empregaron diagramas para elaborar unha
minuciosa coreografía. A película mostra
vestimentas de corte xeométrico e de cores
variadas, realizadas con aluminio, cartón,
seda e veludo, ademais dun inxente traballo
de posprodución no que se creou unha
narrativa que cuestiona como se entendeu
e se entende o concepto de liberdade, quen
ten acceso a ela e como as estruturas sociais
e políticas deben comportarse para construír
unha sociedade libre.
Colabora: Co apoio de: Pavilion, Leeds /
Fundación Centro Galego
da Artesanía e do Deseño /
Pavestone Projects / Facultade de
Belas Artes, Universidade de Vigo

Este ciclo retrospectivo recolle a produción fílmica de Grace Schwindt, artista que utiliza medios diversos como o cinema, a performance ou a escultura para abordar temas relacionados coa memoria e a construción das relacións sociais ou os sistemas de poder. Nas súas pezas, cunha forte compoñente teatral, intenta desmontar os sistemas establecidos implicando a audiencia no cuestionamento da contorna: ser conscientes de como se comportan os nosos corpos dentro de certos esquemas alértanos sobre a súa fraxilidade.

Schwindt utiliza recursos da danza e o teatro cunha clara inuencia do construtivismo, a Bauhaus ou o teatro vangardista ruso. Sitúa os actores, entre os que se atopa ela mesma, en escenografías minimalistas, como parte dunha coreografía que elabora a partir de entrevistas con outros individuos.

Os diálogos entre os actores, os movementos e os obxectos xeran un novo espazo social no que as fronteiras entre a cción e a realidade se dilúen. A realidade móstrase como unha construción social.

Unha das súas derradeiras películas, Only a Free Individual can Create a Free Society (2014), supón unha reexión sobre a imposibilidade de comportarnos libremente dentro do capitalismo, sistema organizado baixo unha moralidade que favorece as relacións de alienación, dominación e opresión. É unha peza elaborada a partir dunha entrevista cun activista alemán que militou nos movementos estudantís de esquerda dos anos sesenta e setenta; conversas a partir das cales a artista crea os diálogos, ccionados, nos que se cuestiona a posibilidade dun pensamento autónomo obxectivo dentro dos partidos políticos.

O traballo de Grace Schwindt está impregnado dunha 
dimensión crítica que podemos remitir ás temperás inuencias da súa contorna máis próxima: creceu na rexión de Frankfurt, rodeada dun ambiente impregnado das ideas centrais da Escola de Frankfurt e consciente da necesidade de defender un pensamento crítico e reexivo, un dos piares da Escola inspirado no pensamento marxista.

Un compromiso emancipador e o interese por descubrir o que os instrumentos ideolóxicos esconden rastréxanse no traballo de Grace Schwindt, que dende as súas primeiras películas formula unha revisión das narrativas ociais a partir da recuperación de pequenos relatos, historias cotiás ou singulares que nos mostran como as narrativas persoais afectan ás narracións do colectivo. En Meeting Florchen Gordon (2008) o seu avó comparte, mediante unha entrevista, o recordo que ten dunha veciña xudía durante o ascenso do nazismo, e en The Chair (2008) é a súa avoa a que conta a súa experiencia durante a ocupación de Berlín de 1945.

En ambos os dous traballos, cunha forte carga social e unha marcada crítica aos roles de xénero, a artista dilúe as fronteiras entre a acción e a realidade. Tanto nestas pezas, coma en Counterpoint 1, Part 1: Individual Accounts(2010) ou Tenant (2012), volve sobre a historia recente de Alemaña, os factores materiais que definen as sociedades humanas ou os procesos históricos, evidenciando as contradicións que estes relatos conteñen.

O traballo de Grace Schwindt supón unha crítica aos sistemas establecidos cuestionando a suposta liberdade individual que propugna o capitalismo, así como o código moral que rexe as súas formas de actuar. Mediante a deconstrución destes sistemas de poder —o aparato familiar, a comunidade, o Estado ou os sistemas de crenzas—, a artista convídanos a pensar en como se xeran as estruturas sociopolíticas ás que pertencemos. Nos seus filmes tamén revisa os documentos que rexen o funcionamento dos gobernos e como determinados signicados se proxectan en diferentes contextos. Certas xeografías, como os Alpes, están ligadas á identidade alemá —cuestión que aborda en Clean Air (2013)— e as fronteiras poden ser revisadas dende unha perspectiva militar, como acontece en The Signal(2011), unha peza na que a historia narrada en primeira persoa dun soldado lle serve de punto de partida para abordar as construcións xeopolíticas.

"Emprego decorados teatrais cos mínimos elementos arquitectónicos necesarios para delimitar unha localización. Sitúo persoas nestes espazos, incluída eu mesma, e utilizo unha coreografía guionizada, moi precisa, na cal cada movemento se relaciona con diferentes sistemas institucionalizados, que están sempre baseados en procesos de exclusión e destrución. As entrevistas que fago ás persoas adoitan servir de punto de partida para os diálogos ficcionados que posteriormente interpretan os diferentes performers.
Cando trato de representar un sistema, tento deconstruílo utilizando os mesmos mecanismos que uso para construílo: corpos, movementos, discurso, mobiliario e vestiario. Por exemplo, a película Tenant describe as rutinas que teñen lugar no fogar familiar, tales como comer xuntos, facer os deberes ou o momento do baño. Estas rutinas, á súa vez, insírense dentro dun contexto histórico e social máis amplo, e interrómpense repetidamente na obra cando aparece unha performer que cae polas escaleiras no preciso instante no que alcanza o cume. Na miña obra, o corpo transfórmase nun fráxil soporte en perigo constante.

GRACE SCHWINDT

PROGRAMA

Mañá: 11.15-14.00h.

Meeting Florchen Gordon, 2008
00:04:49
Nesta obra o avó da artista recorda o momento no que coñeceu unha veciña xudía en Berlín durante o alzamento da Alemaña nazi. Conta a historia mentres a ilustra cun debuxo.

The Chair, 2008
00:10:08
Schwindt entrevista a súa avoa sobre a súa experiencia durante a ocupación de Berlín en 1945, facendo fincapé no compromiso social e nas políticas de xénero.

Counterpoint 1, Part 1: Individual Accounts, 2010
00:46:12
Esta peza representa a documentación en vídeo da performance do mesmo título, representada por vez primeira no Institute of Contemporary Arts de Londres en xuño de 2010. Mediante a produción de vídeos, instalacións e obras de texto, Schwindt investiga as negociacións persoais, contemporáneas, na historia alemá. A obra ten o seu xerme nunha anterior serie de traballos titulada Counterpoint, que xira ao redor dunha serie de entrevistas realizadas pola artista a once alemáns que vivían en Nova York. Ao volver presentar estas entrevistas con axuda de actores, establécese unha relación entre o malestar físico e a situación violenta. Nace a representación sociopolítica. 

The Signal, 2011
00:30:27
Tomando como punto de partida o relato dun soldado, a obra explora o signicado dentro da estratexia militar da paisaxe e do potencial do corpo humano.

Reading from a Ribbon, 2012
00:26:45
Reading from a Ribbon analiza desexos e posibilidades á hora de crear igualdade nas relacións sociais. A peza parte dun monólogo que toma forma de carta. O texto preséntase de varias maneiras: cosido a un lazo de doce metros que se desdobra lentamente, escrito nun disfrace, e falado por un performer. Unha tensa coreografía permite que o texto se desdobre durante 24 minutos, nos cales unha audiencia é testemuña de varias fases dunha narrativa desenvolvida con teatralidade.
A peza está composta de catro performers: unha muller de 50 anos, un home de 70, unha nena de 12 e a propia artista. Os diferentes papeis tamén representan distintas relacións sociais posibles, descritas no texto como nai ou pai ou filla, relacións románticas, ou irmás. Os performers case sempre aparecen en solitario, para atoparse tan só nalgúns momentos, nos cales se mostra unha dependencia mutua.

Glass and Honey, 2012
00:34:08
Glass and Honey versa sobre a mercantilización das relacións sociais e a alienación na sociedade capitalista. O personaxe «Artista» recita o texto a través dun micrófono e a continuación escríbeo sobre o muro de atrás. A artista move bloques de construción situados contra ese muro e colócaos arredor do outro personaxe, «50 F». Esta actividade é interrompida por breves interaccións entre dous performers que actúan illados o un do outro. Chegado un punto, a «Artista» coloca a cabeza sobre o colo de «50 F», quen á súa vez lle arrinca un pelo.

Tarde: 17.15-20.30h.

Tenant, 2012
01:18:00
En Tenant, o fogar familiar convértese en escenario para recrear un diálogo guionizado que toma como punto de partida a historia sobre a Sra. Schumacher, inquilina do avó da artista en Berlín durante a Segunda Guerra Mundial. De convicción comunista, axudou a Vladimir Lenin a cruzar de Suíza a Rusia en 1917, tras o estalido da Revolución de Febreiro. A relación entre a linguaxe e os movementos do corpo analiza o papel que ambos os dous elementos desempeñan na creación do coñecemento e as relacións sociais. Tenant describe as rutinas que se producen no ámbito familiar como son comer xuntos, facer os deberes ou o momento do baño, que á súa vez se insiren dentro dun contexto histórico e social, e se interrompen repetidamente, por exemplo, por unha performer que cae polas escaleiras no preciso instante no que alcanza o cume. «Na miña obra, o corpo transfórmase nun fráxil soporte en perigo constante. Ogallá puidese baleirar de signicado os espazos institucionalizados; non obstante, isto non levaría á neutralidade senón que se volvería cargar máis con connotacións de xénero, idade, raza ou clase».

Clean Air, 2013
00:26:15
Clean Air analiza a proxección do signicado na paisaxe. Por exemplo, os Alpes están ligados ao poder, a pureza ou a limpeza, termos tamén empregados para referirse á identidade alemá a partir da década de 1920.
Dúas mulleres performers de xeracións diferentes responden ante esta estrutura mental cunha coreografía de danza, música, disfraces, leite e calceta.

Only a Free Individual can Create a Free Society, 2014
01:20:00
En Only a Free Individual can Create a Free Society, Schwindt recupera discusións das que fora testemuña de nena rodeada de persoas en Frankfurt. O diálogo da película está extraído dunha entrevista que a artista realizou a un activista de esquerdas influenciado polo panorama político das décadas de 1960 e 1970, configurado pola Escola de Frankfurt, a oposición extraparlamentaria e a Baader Meinhof Gang.
A longametraxe Only a Free Individual can Create a Free Society é resultado dun extenso período de ensaios (5 semanas) con once bailaríns e un dramaturgo, durante o cal se empregaron diagramas para elaborar unha minuciosa coreografía. A película mostra vestimentas de corte xeométrico e de cores variadas, realizadas con aluminio, cartón, seda e veludo, ademais dun inxente traballo de posprodución no que se creou unha narrativa que cuestiona como se entendeu e se entende o concepto de liberdade, quen ten acceso a ela e como as estruturas sociais e políticas deben comportarse para construír unha sociedade libre.

Grace Schwindt (Alemaña, 1979) estudou fotografía na University of Westminster e un MA in Fine Arts na Slade School of Fine Art, Londres. Actualmente imparte clases en Goldsmiths, Londres. Os seus traballos puideron verse, recentemente, en South London Gallery, Institute of Contemporary Arts, ou Whitechapel Gallery, Londres; Collective Gallery, Edimburgo; Wiels - Centre for Contemporary Arts en Bruxelas; a 14ª Bienal de Istambul ou en White Columns, Nova York.


Fotografía de portada: Tenant, 2012. Cortesía da artista e Zeno X Gallery, Antuerpen

AdxuntoTamaño
Ciclo filmes_gal.pdf141.44 KB