rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Cabello/Carceller. Borrador para una trama en curso

Cabello/Carceller. Borrador para una trama en curso

Textos: Manuel Segade, Juan Albarrán, Griselda Pollock, Kathryn Weir, Jesús Carrillo, María Virginia Jaua

Data de publicación: 
1 xaneiro 2017
ISBN: 
978-84-451-3605-8
Prezo: 
Agotado

Edición: CA2M

Mostra concibida como retrospectiva, que se formula como revisión do traballo das artistas dende hai máis de dúas décadas.

Dende 1992, Cabello/Carceller (París, 1963/Madrid, 1964) desenvolven un proxecto artístico común centrado nunha crítica da cultura visual hexemónica. Ferramentas da teoría feminista, queer e decolonial, os estudos visuais e culturais servíronlles ao longo dos anos para produciren un corpo de traballo que pon en cuestión o modelo neoliberal de produción social. Mediante prácticas interdisciplinares ofrecen alternativas aos relatos convencionais sobre as minorías políticas, incluíndo nelas a discusión sobre o papel da produción artística contemporánea. O seu método, baseado na colaboración mutua e na incorporación de actores e axentes externos, permitiulles dar representación a desprazamentos e desaxustes que revelan resistencias e diverxencias fronte aos valores establecidos