rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE / Olaia Sendón e Sara Traba

Ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE / Olaia Sendón e Sara Traba

Datas: 
28 xaneiro 2020
Lugar: 
Salón de actos
Horario: 
19.00
Prezo: 
de balde ata completar aforo

Organiza: Agrupación de Amig@s del MARCO 

Fotógrafas, cineastas, videocreadoras, investigadoras, montadoras, produtoras, comisarias, artistas visuais

Trátase dun ciclo de charlas e proxeccións nas que mulleres procedentes de distintos ámbitos das artes nos achegarán a súa experiencia profesional. Son a moitas as artistas que no amplo campo do audiovisual están xerminando e non sempre son ben coñecidas ou valoradas. Por iso, a Agrupación de Amig@s do MARCO quere darlles unha maior visibilidade, mediante un formato de charlas e encontros, coa participación de dúas artistas en cada sesión, que terán lugar periodicamente no salón de actos do MARCO.


Sesión 4, con Olaia Sendón e Sara Traba



BIO OLAIA SENDÓN

Olaia Sendón Ogando (Ourense, 1978), é licenciada en Comunicación Audiovisual pola UAB e profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Tamén é autora de documentais e pezas de videoarte presentes en diferentes concursos e festivais:

Nonenal (2019), dentro do proxecto Se alquila futuro; Fisterra carne de safari (2017); Mice, dentro da selección feita por Ánxela Caramés; #1 #2, peza para o filme colaborativo Visións (2016), dentro do proxecto Cinema e Muller, que estivo presente en importantes festivais coma o Zinebi, Ply Doc ou S8; Kauflanders (2016) no Festival de Cine de Málaga; Míjau (2014).

Ha sido galardonada en diferentes eventos, como el Stigmart Video Focus, Curtmetratges Gandules (CCCB), Kauflan: Proyector (014), Se Alquila/Estado, Petites Superficies, Proxecto para Dispositivos Post, Kaufland Mo, VIII Premio Auditorio Novos Artistas (2014), Pequenas Superficies (instalación), Mostra Internacional Gas Fenosa, Kaldarte (2012), Catálogo de Galaxias Sociais, Vídeo del disco Kosmogonías de Berrogüetto, Os fabulosos irmáns da luz no Festival de Cine de Málaga, SH Contemporary en Shanghai, Sección Oficial Festival de Cine de Málaga, Sección Oficial Alcances, Sección Oficial OUFF.

BIO SARA TRABA

Sara Traba (Vigo, 1989) é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con estancias en L’Universitá degli studi di Perugia (Italia), Universidade da Habana (Cuba) e a Universidade Complutense de Madrid.

É diplomada en Cinematografía en Bande À Part, Escola de Cinema de Barcelona, na especialidade de Dirección e Guion. Realizou cursos coma o impartido polo cineasta Víctor Erice: Documental e ficción, un achegamento á dobre natureza do cinema.

Coma cineasta desenvolveu as funcións de dirección, guion, axudantía de dirección, montaxe ou a total realización de proxectos. Coma directora, coa curtametraxe As vacas de Wisconsin participou con selección e premios en diversos festivais de curtametraxes internacionais, entre os que se atopan: Sitges Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya; Festival Ibérico de Cine de Badaxoz; CORTADA, Festival de Curtametraxes de Vitoria-Gasteiz; BOGOSHORTS, Festival de Curtametraxes de Bogotá (Colombia); Festival de Cans; Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual; Premis Gaudí de l’Academia do Cinema Catalá…

Forma parte da coordinación do ciclo de cinema galego-portugués Mulleres, patrimonio e sociedades.

Realizou diversos documentais, entre eles algún agora mesmo en desenvolvemento, coma o proxecto Comando Igualdade. Entre algún dos seus traballos relacionados co ámbito musical atópanse as videocreacións para o proxecto Ao cabo leirín, de Faia Díaz.

Agora mesmo continúa cos seus proxectos cinematográficos, entre os que se atopa a escritura do guion da longametraxe Periferias.

Fotografía do cartaz: Iria Vázquez L.

Descarga: