rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CLUBE DE LECTURA #BiblioMARCO 2019-2020

CLUBE DE LECTURA #BiblioMARCO 2019-2020

4 outubro 2019 - 26 xuño 2020

Lugar: Biblioteca–Centro de documentación do MARCO (1º andar)
Datas:
Grupo 1: terceiro venres de cada mes (outubro 2019 – xuño 2020)
Grupo 2: cuarto venres de cada mes (outubro 2019 - xuño 2020)
Grupo 3: segundo venres de cada mes (novembro 2019 - xuño 2020)
Horario: de 19.00 a 21.00
Máximo 22 participantes/sesión (reserva 20% para membros da AAM)
GRATUÍTO, previa inscrición a través do email centro.documentacion@marcovigo.com

A partir do mes de outubro, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO amplía as súas actividades coa posta en marcha dun Clube de lectura, como espazo de encontro e intercambio de experiencias para aquelas persoas interesadas nas artes en xeral, xa que os eixos argumentais das novelas seleccionadas estarán relacionados con distintas manifestacións artísticas.

A primeira sesión do Grupo 1 será o venres 18 outubro, a fin de reunir aos participantes, presentar o primeiro libro, e ofrecer as claves do funcionamiento do Clube de Lectura.

LIBROS COMENTADOS 

Almudena Grandes. Castillos de cartón / Eduardo Gruber. El devorador íntimo / Sarah Glidden. Una judía americana en Israel / Peter Cameron. Algún día este dolor te será útil / Kazuo Ishiguro. Un artista del mundo flotante / Oscar Wilde. El retrato de Dorian Gray 

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA

Visita guiada e encontro con Eduardo Gruber [Artista e escritor]
Unha sesión diferente. Despois de que as participantes comentaran o libro Eduaro Gruber. El devorador íntimo (El desvelo, 2013), convidamos ao artista/escritor, presente neses momentos na nosa sala de proxectos, con Eduardo Gruber. El salón de los espejos para que, nun primeiro momento, fixera unha visita guiada por ela e posteriormente, relatáranos os seus distintos procesos creativos e peculiaridades do libro, con intervencións das participantes do club. 

AdxuntoTamaño
NP_MARCO_actividades BIBLIOTECA_gal.pdf811.18 KB