rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CLUBE DE LECTURA #BiblioMARCO / Novo grupo na rede

CLUBE DE LECTURA #BiblioMARCO / Novo grupo na rede

4 novembro 2020 - 16 xuño 2021

Novo grupo na rede, a través de Zoom.
PRAZAS ESGOTADAS

Dado o éxito da convocatoria, —as prazas dos tres grupos presenciais están xa cubertas— e as novas necesidades e demandas derivadas da situación actual, decidiuse poñer en marcha un cuarto grupo do clube de lectura #biblioMARCO que terá lugar en liña a través da plataforma Zoom. 

A inscrición para este 4º grupo abrirase o luns 26 de outubro, a través do correo-e centro.documentacion@marcovigo.com.

O Clube #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentais das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, alén da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, o que converte o clube #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea.

GRUPOS PRESENCIAIS

Prazas esgotadas
+ info en: http://www.marcovigo.com/gl/content/clube-de-lectura-bibliomarco-20202021 

GRUPO EN LIÑA

Grupo 4 (na rede a través de Zoom)
Lugar: Biblioteca–Centro de documentación do MARCO (1º andar)
Horario: 3º mércores de cada mes de 19.00 a 20.30
Máximo 15 participantes por grupo (reserva 20% para membros da AAM)
GRATUÍTO, previa inscrición a partir do 26 de outubro
Exclusivamente través do correo electrónico centro.documentacion@marcovigo.com.
[Máximo 1 solicitude de alta por cada correo electrónico recibido]