rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Día das Bibliotecas 2021 no MARCO

Día das Bibliotecas 2021 no MARCO

19 outubro 2021 - 20 outubro 2021

Martes 19 e mércores 20 de outubro

Este ano, o MARCO adiántase ao Día das Bibliotecas (que se celebra o 24 de outubro) cun programa especial marcado pola reapertura da Biblioteca-Centro de documentación a partir do martes 19, ademais dunha sesión especial de obradoiro para adultos, e a proxección do documental “We Live in Public” como actividade complementaria do Club de Lectura.

Todas as actividades son gratuítas, logo de inscrición en función de capacidade e dispoñibilidade de prazas.

Reapertura da Biblioteca-Centro de Documentación

A partir do 19 de outubro, unha vez finalizados os traballos de remodelación, adaptación de espazos e catalogación de fondos, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO abre de novo ao público.

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, inaugurada en 2004 e situada no 1º andar do Museo, é un servizo gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.

O fondo bibliográfico ascende a 6.750 publicacións que abranguen áreas como teoría da arte, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías, catálogos de artistas e catálogos colectivos, ademais dunha hemeroteca de revistas especializadas.

NOVO horario apertura:

Martes, de 11.00 a 14.00
Mércores, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00
Xoves, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00
Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario

Proxección do documental “We Live in Public”

Como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, e en relación coa lectura deste mes (Olivia Laing. La ciudad solitaria), a Biblioteca-Centro de Documentación organiza a proxección do celebrado documental “We Live in Public” (2009), que conta a historia do efecto que a web ten na nosa sociedade a través dos ollos “do pioneiro de Internet máis grande que nunca oíches falar”: o visionario Josh Harris.

Destinatarios: participantes Club de Lectura e público en xeral
Data: martes 19 de outubro
Horario: de 19.00 a 21.00
Lugar: salón de actos

Inscricións

Exclusivamente a través do correo-e recepcion.marco@gmail.com a partir do xoves 14 de outubro.

“Cóntame o teu”


Taller de estampación inspirado en relatos breves, conducido por María Xosé Martínez

Destinatarios: público adulto (prazas limitadas a 20 participantes)

Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con ampla experiencia en actividades educativas, conduce un taller de estampación dirixido a persoas adultas, no que toma como punto de partida o libro Algúns contos completos, de Domingo Villar, recentemente presentado no MARCO.

Data: mércores 20 de outubro
Horario: de 19.00 a 20.30
Lugar: sala club #BiblioMARCO (1º andar)

Inscricións

Exclusivamente a través do correo-e recepcion.marco@gmail.com a partir do xoves 14 de outubro.