Francisco Leiro. O antropomórfico, 1986 - 2022
Textos: Miguel Fernández-Cid
Editado por Fundación MARCO
166 p., color, trilingüe (gal./esp./eng)
A exposición FRANCISCO LEIRO. O antropomórfico, formula unha revisión da obra do artista ao longo de máis de tres décadas: un traballo centrado no antropomórfico, que é sen dúbida un dos eixes da súa produción. Deixando a un lado calquera sentido ou intención cronolóxica, artista e comisario buscan trazar a relación das obras cos peculiares espazos da planta baixa do MARCO, recorrendo tanto a obras xa realizadas coma a pezas de nova produción, específicas para esta mostra.
Esta publicación, completa o círculo deste proxecto, na súa dimensión expositiva e editorial. Xunto a información e imaxes das obras en exposición, a publicación inclúe textos críticos de distintos autores.
Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web www.lasalbooks.com