rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
LIBROS LIBRES! Bookcrossing 2022

LIBROS LIBRES! Bookcrossing 2022

22 abril 2022

Para público en xeral

Venres 22 de abril, a partir das 11.00
Lugar: escaleiras da fachada principal do MARCO e outros puntos da cidade

Un ano máis —e xa van 16— o MARCO súmase á experiencia de Bookcrossing promovida dende o ARTIUM de Vitoria-Gasteiz, e na que en cada edición participan numerosos museos e centros de arte. No caso do MARCO, “liberaranse” exemplares duplicados procedentes da Biblioteca, fronte á fachada principal e tamén repartidos en distintos puntos da cidade, seguindo a filosofía e o obxectivo de divulgación que inspirou esta iniciativa dende o seu nacemento.

Os participantes prevén poñer en circulación  libros libres coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. Todos os libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conterán as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados na páxina web https://www.bookcrossing.es/, onde os lectores poderán indicar o lugar no que atoparon e no que liberaron cada exemplar. O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.

Dende a súa aparición a nivel internacional en 2001, o bookcrossing non fixo senón multiplicar o número de participantes neste tipo de iniciativas. O bookcrossing defínese como un “club de libros global”, rexido por tres sinxelas regras, coñecidas como “as tres erres”: read (le), register (rexistra), release (libera) Os libros libéranse normalmente en lugares públicos e de tránsito de persoas, dende a Universidade aos medios de transporte ou polideportivos, e se cada usuario segue as instrucións é doado coñecer, a través da páxina https://www.bookcrossing.es/, o traxecto realizado por un libro dende o seu punto de orixe ao de recollida. O bookcrossing permite non só compartir e intercambiar gratuitamente libros senón tamén seguir a pista de calquera deles unha vez que foi liberado, así como saber quen o leu e en que lugar. Calquera persoa pode participar nesta experiencia, non só recollendo libros senón tamén poñendo en circulación outros da súa propiedade, rexistrándoos na páxina web de bookcrossing e liberándoos despois nun lugar público.

Todos os libros liberados conteñen tres adhesivos. A primeira etiqueta vai colocada sobre a cuberta do libro e nela danse máis detalles: “pásalle este libro a alguén ou déixao libre na súa aventura” e “non me perdín, son parte dun club de libros global”, ao tempo que remite a máis detalles no interior do libro. O segundo adhesivo, no interior, instrúe a persoa que recolleu o libro sobre o obxecto da liberación de libros e sobre a conveniencia de participar nesta experiencia internacional a través da web https://www.bookcrossing.es/, que permite coñecer onde estivo a publicación e quen a leu, así como incorporar o novo lector ao seu diario de viaxe. O terceiro, leva o logo do Museo e felicita o día do libro.

Museos y centros participantes:

Asociación de Museólogos y Museógrafos de Andalucía; Biblioteca del Museo de Zamora; Biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago; Biblioteca. Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense; Biblioteca Universitaria de Granada; Biblioteca y Centro de Documentación. Museo de Arte Contemporáneo del País Vasco, Artium Museoa; Bilboko Arte Ederren Museoa-Museo de Bellas Artes de Bilbao; Casa de Colón; Centre d’Art la Panera; Centre de Documentació de Cultura Popular (Direcció General de Cultura Popular i Associacionisme Cultural-Gencat); Centre de Documentació i Museu de les Arts Escèniques; Centre de Documentació i Museu Tèxtil; Centro Atlántico de Arte Moderno-CAAM. Biblioteca y Centro de Documentación; Centro cultural Montehermoso kulturunea; Centro de Arte La Regenta; Centro de Investigación y Recursos de las Artes Escénicas de Andalucía. CIRAE; CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea; Chillida Leku; CICC-TABAKALERA; CRAI Biblioteca de Belles Arts; Es Baluard Museu d'Art Contemporani de Palma; Escuela de Arte y Superior de Diseño de Pamplona - Iruñeko Arte eta Goi Mailako Diseinu Eskola; Fundación Eugenio Granell; Gipuzkoako Ondare Bildumen Zentroa / Centro de Colecciones Patrimoniales de Gipuzkoa; Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico; IVAM Institut Valencià d'Art Modern; MACA. Museo de Arte Contemporáneo de Alicante; MACVAC Museu d'Art Contemporani Vicente Aguilera Cerni (Vilafamés); MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo; Museo Arqueológico de Asturias; Museo Cerralbo; Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León; Museo de Belas Artes da Coruña; Museo de Bellas Artes de Asturias; Museo de Navarra / Nafarroako Museoa; Museo de Prehistoria y Arqueología de Cantabria - MUPAC; Museo de Valladolid; Museo del Carlismo / Karlismoaren Museoa; Museo del Traje, Madrid; Museo Etnológico de Navarra "Julio Caro Baroja" Nafarroako Museo Etnologikoa; Museo Marítimo del Cantábrico (Consejería de Universidades, Igualdad, Cultura y Deporte del Gobierno de Cantabria); Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía; Museo Nacional de Cerámica y Artes Suntuarias “González Martí”; Museo Nacional y Centro de Investigación de Altamira; Museo Sefardí (Sinagoga del Tránsito); Museu de Prehistòria de València – Biblioteca; Muséu del Pueblu d’Asturies; Universidad Nacional de Educación a Distancia.

AdxuntoTamaño
NP_MARCO_Día do Libro 2022_gal.pdf1.68 MB