rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Manuel Quintana Martelo. Containers, 2012-2021

Manuel Quintana Martelo. Containers, 2012-2021

Data de publicación: 
11 marzo 2022
ISBN: 
978-84-18775-08-6
Prezo: 
30


PUBLICACIÓN

Edición: Fundación MARCO
Textos: Juan Manuel Bonet, Miguel Fernández-Cid, Manuel Quintana Martelo
164 pp, cor, trilingüe (gal/esp/eng), 2022

Durante os últimos dez anos, Quintana Martelo centrouse nunha serie de cadros nos que o motivo, o punto de partida, a escusa, son os contedores que atopa nas cidades que visita. Todos teñen un trazo común que consegue chamar a atención: inicialmente, unha presenza escultórica definida, unha composición atractiva e un impacto visual. A serie está baseada nun conxunto de contedores, tratados como presenzas escultóricas, pero tamén como bodegóns urbanos.

Xunto aos cadros da serie, que se exhiben en diferentes formatos, a mostra inclúe bosquexos preparatorios, debuxos e acuarelas de grande escala, de forma que a montaxe no seu conxunto permite coñecer en detalle o modo de traballar do artista, e a súa resposta ante distintos soportes.

Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web  www.lasalbooks.com