rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
MARATÓN SABIDURIUS / DIM, Día Internacional do Museo

MARATÓN SABIDURIUS / DIM, Día Internacional do Museo

18 maio 2019


Maratón Sabidurius
De 18.00 a 20.00
Biblioteca-Centro de Documentación (1º andar)
Para público en xeral

Pensado, deseñado e fabricado en Galicia, Sabidurius é un xogo de mesa creado por Eduardo Armada e Miguel Carrera, baseado nas palabras e as súas definicións, na imaxinación e na escrita. Sinxelo e divertido na súa dinámica e funcionamento, Sabidurius é un proxecto lúdico-educativo que reúne diversas disciplinas, cun deseño especial e único, e con máis de trinta ilustracións creadas expresamente polo artista Ramón Trigo.

Coincidindo co Día Internacional do Museo, e partindo dunha experiencia do Día do Libro, convídase ao público a participar nunha experiencia compartida ao redor deste xogo, na que se poderá participar por quendas, organizadas en grupos de ata 8 persoas.

Para consultar toda a programación do DIM, preme aquí