
O Club de Lectura #BiblioMARCO estrea nova tempada (outubro 2025 – maio 2026)
PRAZAS ESGOTADAS
O mércores 17 de setembro ás 9.00 abrirase o prazo de inscrición, con prazas limitadas a 16 participantes por grupo.
Organizado pola Biblioteca-Centro de documentación, é unha actividade concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas na relación entre literatura e a arte nas súas múltiples manifestacións.
INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS a partir do 17 de setembro, ás 9.00
Non se terán en conta as solicitudes recibidas antes desa data e horario.
Exclusivamente a través do correo-e centro.documentacion@marcovigo.com
Indicando: nome, apelidos, teléfono de contacto, grupo/s no/s que lle gustaría participar por orde de preferencia, e se son membros da AAM (no seu caso). Máximo 1 solicitude de alta por correo-e recibido.
Capacidade máxima de 16 participantes por grupo (reserva 20% para membros AAM)
A partir do mes de outubro, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO reinicia as actividades do seu Club de Lectura, con tres novos grupos (dous presenciais e un virtual), cada un limitado a 16 participantes. As sesións teñen lugar unha vez ao mes.
Lugar: sala MARCOteca (1º andar) / Zoom na sesión virtual
Horario: de 19.00 a 20.30
Datas:
GRUPO 1 [presencial] = mércores
8 outubro (presentación), 5 novembro, 7 xaneiro, 11 febreiro, 11 marzo, 8 abril, 6 maio
GRUPO 2 [presencial] = venres
10 outubro (presentación), 7 novembro, 9 xaneiro, 13 febreiro, 13 marzo, 10 abril, 8 maio
GRUPO 3 [virtual] = xoves
9 outubro (presentación), 6 novembro, 8 xaneiro, 12 febreiro, 12 marzo, 9 abril, 7 maio
O Club #BiblioMARCO é unha actividade concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentais das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea.
As sesións compleméntanse con actividades paralelas vencelladas ás lecturas do Club. Entre as máis recentes, o percorrido con Laía Argüelles Folch a súa exposición no MARCO, en liña coa elección do primeiro libro da tempada por parte da artista; a visita á Sala Ártika para coñecer de primeira man o funcionamento dun teatro independente; a mesa redonda “Teatro para ler?” con Paula Carballeira, Fran Núñez, AveLina Pérez e Xesús Ron, conducida por Camilo Franco; e a proxección do filme “Unicorn Wars”, ademais de visitas comentadas ás exposicións do MARCO.
CONSULTA AQUÍ a memoria de LECTURAS e ACTIVIDADES paralelas de anteriores tempadas.
Biblioteca-Centro de Documentación
A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, situada no 1º andar do Museo, é un servizo con entrada libre para todo tipo de públicos, que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea. O fondo bibliográfico ascende a 8.960 publicacións que abranguen áreas como teoría da arte, filosofía, historia, pedagoxía, museología, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías, catálogos de artistas e catálogos colectivos, ademais dunha hemeroteca de revistas especializadas.
HORARIO:
Martes, mércores e xoves: de 11.00 a 14.15 e de 17.00 a 20.00 / Venres, de 11.00 a 14.15 (agás feirados)
Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario.
Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com