rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
OBRADOIRO DE CIANOTIPIA

OBRADOIRO DE CIANOTIPIA

Datas: 
9 abril 2026

Dende a área de Didáctica do MARCO temos en marcha unha programación estable dirixida a moi diversos públicos: escolares, familias, infancia, obradoiros interxeracionais, e grupos con necesidades específicas.

Neste trimestre, aproveitando a presenza en salas da exposición de Roberto Huarcaya https://www.marcovigo.com/content/roberto-huarcaya-intersticios-fotogramas-2014-2025 temos montado un laboratorio de Cianotipia que está funcionando moi ben con grupos de diferentes idades. O proceso é moi interesante, está conducido pola nosa monitora Maria Xosé Martínez, e non require de ningunha formación previa. Se ese día hai sol, aproveitamos a luz solar, e se non, facemos uso dun caixón de revelado construído no propio Museo.

Así pois, ocurriusenos ofrecervos unha sesión de Obradoiro de Cianotipia específica para vós, AAM Agrupación Amiga do MARCO, o xoves 9 de abril ás 19.00, na sala de Didáctica/Espazo Anexo (duración aproximada 1 hora e ½ ).

Dadas as especiais características da actividade, marcamos un mínimo de 8 participantes para poder levala a cabo.

As persoas interesadas só teñen que enviar un email a este mesmo buzón comunicacion@marcovigo.com  indicando nome + apelidos, antes do martes 7 de abril.

En función do número de persoas inscritas, confirmaremos viabilidade.

A actividade é de balde e non ten ningún coste de inscripción ou materiais.