rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
[RECREA]SCRAP. Obradoiro de Scrapbooking con postais de arte

[RECREA]SCRAP. Obradoiro de Scrapbooking con postais de arte

16 maio 2015


Datos


Lugar: Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO
Data: sábado 16 de maio en 2 sesións:
Grupo 1: horario de mañá, de 11.00 a 13.00
Grupo 2: horario de serán, de 18.00 a 20.00
Número de participantes: 10 por sesión
Inscrición: o obradoiro é de balde e as prazas cubriranse por orde de inscrición. Para apuntarse, hai que enviar un e-mail a centro.documentacion@marcovigo.com onde conste nome, apelidos, enderezo electrónico e teléfono.De completarse o obradoiro, farase unha lista de agarda e avisarase se quedasen vacantes.
Materiais: Os participantes traerán algunha fotografía e, se queren, ferramentas que se poidan compartir (troqueladoras, selos, tesouras de formas…). No obradoiro estarán dispoñibles estes materiais e outros similares.

Descrición


Un scrapbook é literalmente un “álbum de recortes”. Na actualidade, esta técnica recuperouse engadíndolle o uso de selos, troqueladoras, papeis decorativos (e moito máis!). Ademais, extendeuse máis alá dos álbumes ilustrados, á creación de tarxetas de felicitación, libros de receitas e todo tipo de obxectos creativos.

Coincidindo coa fin de semana en que celebramos o Día Internacional dos Museos —que este ano está moi relacionado co mundo sustentable e a reciclaxe—, na Biblioteca-Centro de documentación do MARCO organizamos esta actividade de scrapbooking, concibida como obradoiro para público adulto.

Deste xeito, poñemos a disposición dos participantes todas as ferramentas e decoracións posibles do scrap, xunto con invitacións en papel que se reciben no Museo ao longo do ano, realizadas con múltiples papeis e incribles materiais, que estamos seguros de que se combinarán á perfección nas creacións do obradoiro.

AdxuntoTamaño
Ligazóns sobre Scrapbooking_gal.pdf510.37 KB