rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita guiada inauguración LAURA LIO. "savia y sangre"

Visita guiada inauguración LAURA LIO. "savia y sangre"

Datas: 
20 xuño 2025
Lugar: 
Galería e sala perimetral B1, (1º andar)
Horario: 
19.00


Con motivo da inauguración da exposición de LAURA LIO, "savia y sangre"[zume e sangue] na Galería e sala perimetral B1, (1º andar), convidámosvos a unha visita guiada, este venres 20 de xuño ás 19.00, na compaña da artista, de Pilar Souto, e do director do MARCO, Miguel Fernández-Cid.

Dedicada á investigación e á creación en artes plásticas, Laura Lio (Bos Aires, 1967) desenvolve o seu traballo en distintos formatos e medios, como esculturas, instalacións, proxectos de land-art, obra en papel, debuxo, artes gráficas e libros de artista. No ano 2015 crea PezPlata Ediciones, un selo de libros de artista e material impreso con sede no seu NavEstudio.

A mostra “savia y sangre” reúne un conxunto de esculturas, debuxos, libros de artista e obra gráfica, dende o ano 2000 ata a actualidade.

+INFO  https://www.marcovigo.com/content/laura-lio-zume-e-sangue