rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visitas guiadas á Biblioteca-Centro de documentación [Programación DIM 2016]

Visitas guiadas á Biblioteca-Centro de documentación [Programación DIM 2016]

14 maio 2016


MARCO, Biblioteca-Centro de documentación (1º andar)
Sábado de 12.30 a 13.15, e de 18.30 a 19.15
*A Biblioteca-Centro de documentación permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30
Para público en xeral

Visita aos fondos da Biblioteca na compaña da súa responsable, Iria Fernández Mouriz, explicando de xeito ameno as funcións e actividades levadas a cabo.

A Biblioteca-Centro de documentación do MARCO é un servizo gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos da cultura contemporánea. Ademais da súas actividades habituais, a Biblioteca programa tamén eventos específicos e mostras bibliográficas e documentais en torno aos artistas e obras presentes nas exposicións temporais do MARCO.