O catálogo da exposición foi concibido tamén dende o inicio como proxecto en si mesmo, e, debido ás especiais características da mostra e á necesidade de recoller a documentación das obras en sala, tiña que ser publicado con posterioridade. Editado polo MARCO de Vigo, e deseñado polo portugués Pedro Nora cun formato de funda-caixa transparente que contén nove volumes —un por cada artista, e o xenérico da exposición—, esta publicación trilingüe (galego, castelán, inglés) ten tamén un carácter experimental, moi en liña co proxecto expositivo e co contido social e político das obras. Así, ademais dun texto xeral do comisario, os textos incluídos no catálogo non están escritos por persoas do mundo da arte, senón por especialistas en distintos campos e disciplinas como a socioloxía, a historia, a ecoloxía, a comunicación, e mesmo a banda deseñada ilustrada, que toman como punto de partida a obra de cada un dos artistas e o seu Project Room para realizar unha reflexión nas súas diversas áreas de traballo.
Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web www.lasalbooks.com [3]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/cabecera_6.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Libro7%2B1%20peque.jpg
[3] http://www.lasalbooks.com/