Durante a derradeira semana de setembro e primeira de outubro, terán lugar no MARCO dous encontros concibidos como actividades paralelas da exposición ‘EIDOS DA IMAXE. Grafías dos feitos e do pensamento’,que se clausurará o 12 de outubro nas salas do 1º andar.
Trátase de dous obradoiros organizados pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra e Campus do Mar, no marco do Proxecto Baliza (Universidade de Vigo), que produce a mostra. En liña cos contidos da exposición, o obxectivo é afondar no coñecemento das relacións entre arte e ciencia, mostrando como artistas e investigadores comparten a necesidade de obter resolucións gráficas e figurativas dos acontecementos ou dos feitos físicos do mundo.
Para iso, ambos os dous obradoiros contan coa participación de artistas, científicos e grupos de investigación vinculados á Universidade de Vigo, xunto a outros expertos invitados. Dirixidos principalmente a estudantes da Universidade de Vigo, a inscrición é gratuíta, se ben as prazas son limitadas e haberá unha lista de espera en función do número de solicitudes recibidas.
As persoas interesadas poden solicitar as fichas de inscrición na taquilla do MARCO, ou a través do email marta.viana@marcovigo.com [3].
Coordinador: José Pintado Valverde (Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC)
Datas: martes 30 setembro, mércores 1 e xoves 2 de outubro
Lugar: salón de actos e salas de exposición do 1º andar
Participantes: Clara Cerviño (Ilustradora científica e estudante de doutoramento da Universidade de Aveiro, Portugal); Sonia Valladares (IIM-CSIC); Isabel Teixeira (IIM-CSIC); Diego Germade (arquitecto, doctorando da Facultade de BB.AA., UVigo)
Dirixido a: estudantes da Universidade de Vigo
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN. Prazas limitadas ata completar aforo
Número de asistentes: 20 persoas
[A lista de asistentes realizarase por orde de inscrición. Unha vez completado o aforo haberá unha lista de espera e poderase ampliar a asistencia a outras persoas interesadas, en función das solicitudes recibidas.]
SESIÓN | DATA + HORARIO | PARTICIPANTE | CONTIDO / TÍTULO |
1ª | Martes 30 ás 18.00 | Clara Cerviño | A ilustración científica. Contexto histórico |
2ª | Martes 30 ás 20.00 | Alberto Ruiz de Samaniego | Visita guiada á exposición ‘EIDOS DA IMAXE’ |
3ª | Mércores 1 ás 18.00 | Diego Germade | Cronografía: desenvolvemento dunha obra a partir de Marey |
4ª | Mércores 1 ás 19.30 | Sonia Valladares | Morfografía e cronografía dun peixe |
5ª | Xoves 2 ás 18.00 | Isabel Teixeira | Macro, micro e morfografías de fitoplancton |
6ª | Xoves 2 ás 19.30 | Clara Cerviño | Revisión de traballos prácticos |
Actividade do Programa de Doutoramento Campus do Mar e Belas Artes
Coordinadores: Alberto Ruiz de Samaniego e Juan Carlos Meana (Facultade de BB.AA., Uvigo)
Datas: martes 7, mércores 8 e venres 10 de outubro
Lugar: salón de actos e salas de exposición do 1º andar
Participantes: Juan Pimentel (CSIC); Juan Loeck (Facultade de BB.AA., UVigo); Jesús S. Troncoso (Dpto. Ecoloxía e Bioloxía Animal, UVigo); Irene Alejo (Departamento Xeociencias Mariñas, UVigo); Román Corbato (arquitecto, doutorando da Facultade de BB.AA., UVigo)
Dirixido a: estudantes Programa Doutoramento Campus do Mar e Belas Artes, e estudantes da Universidade de Vigo
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN. Prazas limitadas ata completar aforo
Número de asistentes: 50 persoas
[A lista de asistentes realizarase por orde de inscrición. Unha vez completado o aforo haberá unha lista de espera e poderase ampliar a asistencia a outras persoas interesadas, en función das solicitudes recibidas].
SESIÓN | DATA + HORARIO | PARTICIPANTE | CONTIDO / TÍTULO |
1ª | Martes 7 ás 18.00 | Juan Pimentel | Conferencia: Anatomías de todo o visible e o invisible. Sobre o papel das imaxes na historia da ciencia |
2ª | Martes 7 ás 19.30 | Alberto Ruiz de Samaniego | Visita guiada á exposición ‘EIDOS DA IMAXE’ |
3ª | Mércores 8 ás 18.00 | Juan Loeck | Cronografía: a dimensión científica da obra de arte |
4ª | Mércores 8 ás 19.30 | Jesús S. Troncoso | Investigacións e expedicións científicas mariñas |
5ª | Venres 10 ás 18.00 | Irene Alejo | Análise de ecosistemas |
6ª | Venres 10 ás 19.30 | Román Corbato | Sistemas de orde do lugar |
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/600x200%20actividad%20eidos.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/200x150_2.jpg
[3] mailto:marta.viana@marcovigo.com
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/INFO_Taller1__Imaxe%20CIENT%C3%8DFICA_gal.pdf
[5] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/INFO_Taller2__Imaxes%20ARTE%2BCONOC_gal.pdf