Xoves 10 de marzo de 2016. Ás 20.00 h.
Programa ALT.procrea en Feminino
LOUISA MERINO (MADRID)
“THE COURSE OF MEMORY” performance documental (Estrea)
Duración: 45 min..
The Course of Memory é un relato e á vez un xogo que dialoga con humor cos recordos efémeros de peroas maiores de diferentes cidades e países, e con retrincos biográficos da autora. Instantes, todos eles, sen aparente transcendencia, pero que nos recordan que, á fin e ao cabo, todos/as experimentamos vivencias moi similares e parecidos anhelos. Baseándose no principio de alteridade, esta peza propón así unha reflexión sobre o papel que xoga "o outro" na vida de cada un/unha de nós. Ata onde reconstruir un non-lugar, un non-obxecto¿ Como é o recordo.
VENRES 11 de marzo de 2016. Ás 20.00 h
WOOSHING MACHINE (BÉLXICA)
“HAPPY HOUR” DANZA // Duración: 55 mim.
Happy Hour, a hora da felicidade. Un tempo concentrado máis aló do cotián onde o xogo se sitúa sobre un fío moi fino instalado entre danza e amizade, realidade e ficción. É un acto case sen palabras. Non pasarán tan sequera días, só unha hora, unha hora soamente na cal pararse a ver a felicidade. En que espazo se concreta a amizade e onde comeza a danza? Onde comeza a ficción e se estrela a realidade? Unha pregunta de dobre fío. É o que se consegue con este traballo! Comecemos entón aquí, pactemos este principio: sexamos humanos! esa é a nosa vontade, o noso desexo sobre á creación.
Logo dun percorrido de case 20 anos xuntos, é agora cando podemos defender un século de existencia, aquí está para vós Happy hour: pagas pola primeira, a segunda é de balde.
SÁBADO 12 de marzo de 2016. Ás 20.00 h.
Vértebro Teatro (Andalucía). ESTREA EN GALICIA
“ORO”.75m / Teatro. Novas dramaturxias
Oro suscita a posibilidade de reactualizar o corpo, o pensamento, a palabra e o desexo. As circunstancias condicionan a creación dun clima de diálogo que é o centro mesmo do traballo do intérprete, que desprega as formas do seu corpo para ofrendalas nun acto presente. Oro é a historia dun home que irá onde faga falta para atopar o xeito máis puro de relacionarse co mundo. O seu corpo non actúa como metáfora; non representa a ninguén, non fala do ser humano. O corpo transcende a súa concreción a través do ofertorio dunha das súas partes, que insiste en ser queimada. O corpo é o osíxeno que permite que ardan as pestes da escena. Insistir. Arder. Transcender.
SÁBADO 12 de marzo de 2016. Ás 21.00 h. MARCO
VICENTE ARLANDIS / LA SAUNA INTERNATIONAL (VALENCIA).
“¿QUE PASA CUANDO NO PASA NADA?” 14 horas / PERFORMANCE
Este proxecto propón reunir, a través dunha convocatoria aberta, a un grupo de persoas para durmir e pasar o tempo no espazo do museo durante o seu horario de peche. A actividade está aberta a todos os públicos.
QUEREMOS habitar o museo no tempo no que está pechado. Alterar as lóxicas cotiás que rexen o funcionamento dunha institución pública como é o museo (administración, horarios, mantemento, actividades, seguridade, etc.), así como propoñer unha nova experiencia aos participantes e aos propios traballadores da institución. Entendela e experimentala non só como un espazo público espectacular que nos propón unha serie de actividades senón tratar de visualizar a súa parte máis interna, como o lugar de traballo de moitas persoas (técnicos, gardas de seguridade, conserxes, administrativos, etc.). As persoas que queiran participar terán que vir con sacos de durmir, mantas e demais provisións que consideren necesarias para pasar a noite. Ademais, pediráselles que traian algo para comer, para compartir e organizarase, unha cea colectiva e un almorzo coa comida que se reuniu.
Pretendemos abordar a cuestión: Que pasa cando non pasa nada? Mediante a proposta dunha actividade que dalgún xeito suscite unha posible resposta. O tempo que ocupamos no museo é o tempo no que non pasa nada, o tempo morto da institución, un momento inútil onde nada sucede e somos conscientes que experimentar o inútil é o máis difícil.
+ info en: Festival Alt [3]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/ALT_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/ALT_200x150.jpg
[3] http://altvigo.wix.com/altvigo
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Programa%20ALT%202016.pdf