O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de obradoiro para público infantil, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing en rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.
#DíadoLibro #DíadoLibro2021 #BiblioMARCO
Obradoiro conducido por María Xosé Martínez
Para participantes de 6 a 10 anos
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (versión presencial e virtual)
Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO con motivo do Día do Libro
Colabora:
Data: venres 23 de abril e sábado 24 de abril
Horarios:
Sesións presenciais: venres ás 17.00, ás 18.15 e ás 19.30 / sábado ás 11.00 e ás 12.15
Lugar: exterior. Praza peonil posterior xunto a Espazo Anexo (traslado a interior en caso de choiva)
Sesión virtual (Zoom): ás 17.00
Listas abertas para cada sesión ata completar capacidade (máximo 4 participantes en cada sesión presencial, e 12 participantes na sesión virtual)
Inscricións a partir do martes 20 de abril ás 11.00
Por teléfono, email ou persoalmente en taquilla MARCO
recepcion.marco@gmail.com [15]
Tel. 986 113900 ext. 100
Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30
Normas de acceso e medidas sanitarias (sesións presenciais):
Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con ampla experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofrécenos en primicia este obradoiro, cuxo título xoga co da exposición “4 Proxectos”, recentemente inaugurada nas salas da planta baixa.
Utilizando cartón, papel e outros materiais básicos, crearemos o noso propio mini-libro tridimensional que contén catro historias relacionadas con aqueles lugares aos que nos gustaría viaxar, nestes tempos nos que a viaxe supón un sono. A nosa imaxinación sen límites é a vía para chegar a calquera lugar, e o texto e as imaxes, as nosas ferramentas para o camiño.
Deixemos voar a nosa creatividade durante unha divertida sesión, cuxos resultados se publicarán na sección Biblioteca da web do MARCO www.marcovigo.com [16] a xeito de exposición virtual que dará máis visibilidade aos traballos realizados.
Este ano na rede!
En colaboración con 39 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura
#Bookcrossing2021
Un ano máis —e xa van 15— o MARCO súmase á experiencia de Bookcrossing promovida dende o ARTIUM de Vitoria-Gasteiz, na que en cada edición participan numerosos museos e centros de arte, e que debido ás medidas preventivas, neste 2021 se conduce a través da rede. Mediante un vídeo conxunto en Vimeo, os centros participantes comparten de xeito virtual as súas publicacións, seleccionando libros que forman parte da súa colección, e uníndose nesta campaña de fomento da lectura e de difusión da cultura contemporánea.
No caso do MARCO, estará presente coas súas publicacións máis recentes: os catálogos das exposicións de Yolanda Herranz e Celeste Garrido, o libro Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, e o exemplar Cadernos/Cuadernos do artista Jorge Martins.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
NP_MARCO_Día do Libro 2021_gal_ampliación horarios.pdf [17] | 762 KB |
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Did%C3%A1ctica_D%C3%ADa%20do%20Libro%202021_0.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210424_131554_0.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210424_120942.jpg
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210423_202240_0.jpg
[5] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210423_192120_0.jpg
[6] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210423_191530_0.jpg
[7] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210423_191448.jpg
[8] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210423_191411_0.jpg
[9] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210423_191344_0.jpg
[10] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210423_175455_0.jpg
[11] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210423_175446_0.jpg
[12] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/20210423_175421_0.jpg
[13] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/D%C3%ADa%20Libro_600x200.jpg
[14] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/D%C3%ADaLibro_200x150.jpg
[15] mailto:recepcion.marco@gmail.com
[16] http://www.marcovigo.com/
[17] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/NP_MARCO_Día do Libro 2021_gal_ampliación horarios_0.pdf