O MARCO celebra este día con distintas actividades que terán lugar o propio mércores 18: un concerto do CMUS Profesional de Música de Vigo, un obradoiro inclusivo en lingua de signos para público infantil, e unha maratón de mini-sesións de clases de idiomas, aberto ao público, a cargo de profesorado da EOI, xunto a visitas guiadas ás exposicións e descontos especiais na tenda-libraría Lasal Books.
#DIM2022 #OPoderDosMuseos @ICOMOfficiel
O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 para sensibilizar o público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, cada 18 de maio miles de museos de países e territorios en todo o mundo celebran este día en torno ao tema elixido polo ICOM para cada edición.
O lema deste ano céntrase no poder dos museos para transformar o mundo que nos rodea, e en explorar o potencial dos museos para provocar un cambio positivo nas súas comunidades a través de tres eixes: a sustentabilidade, a innovación na dixitalización e a accesibilidade, e a construción da comunidade a través da educación.
En liña co lema e prioridades do ICOM para esta edición, o MARCO preparou un conxunto de actividades que queren poñer o acento na accesibilidade, na linguaxe común a través de distintos medios de expresión cultural, e na creación de comunidade mediante actividades específicas en colaboración con distintas entidades e colectivos, e dirixidas a públicos diversos.
ACTIVIDADES
Mércores 18 de maio / DIM 2022 Día Internacional dos Museos
Mini-sesións de clases en 11 idiomas con profesorado da EOI
Organiza: EOI Escola Oficial de Idiomas de Vigo, en colaboración co MARCO
Para público en xeral
Entrada libre ata completar capacidade máxima en cada sesión
Mércores 18 de maio
MARCO, Espazo Anexo (praza peonil posterior)
Horarios: ao longo de todo o día, de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.30
11.00-11.30: Alemán
11.30-12.00: Inglés
12.00-12.30: Francés
12.30-13.00: Italiano
13.00-13.30: Xaponés
17.30-18.00: Chinés
18.00-18.30: Inglés
18.30-19.00: Galego
19.00-19.30: Xaponés
19.30-20.00: Alemán
20.00-20.30:Portugués
A arte comparte cos idiomas o seu carácter dinámico, dinamizador e participativo: museos e centros educativos enriquecen ás comunidades das que forman parte, favorecendo olladas alternativas ao mundo e abrindo horizontes caras as novas culturas.
Para celebrar unha xornada tan especial, a EOI mobiliza a boa parte do seu profesorado e saca a escola á rúa, ofrecendo sesións de 30 minutos nas que entrar en contacto co seu método pedagóxico e abrir a mente ás diferentes linguas que imparten dun xeito innovador.
Queres vivir en primeira persoa a experiencia de aprender un idioma na EOI de Vigo? Aproveita as ligazóns entre educación, comunidade e innovación no Día Internacional dos Museos. Achégate ao MARCO e goza dunha mini-clase na lingua que máis che apeteza!
Percorrido polas obras máis representativas para clarinete solo e dúo do século XX, interpretadas por alumnado de Grao Profesional do CMUS Profesional de Vigo
Organiza: CMUS Profesional de Vigo, en colaboración co MARCO
Para público en xeral
Entrada libre ata completar capacidade máxima en cada espazo
Mércores 18 de maio
MARCO, salas de exposición do 1º andar, e panóptico central da planta baixa
Horario: a partir das 19.45
O concerto está concibido como un percorrido polas salas de exposición de Alfredo Alcain no 1º andar, e finalizará no panóptico da planta baixa cunha peza tan simbólica e cargada de sentido como o Abismo dos paxaros, de O. Messiaen, precisamente no lugar que ocupaba o centro da antiga prisión que foi o edificio do MARCO.
PROGRAMA
Saray Fernández Rodríguez, clarinete
Obra para clarinete solo composta en 1983 por un dos principais representantes da vangarda musical europea, e un dos pioneiros na música electrónica.
Alejandro Portela Moreira, clarinete en Sib, e Alejandra González Barreiro, clarinete en La
Dedicada a Édouard Souberbielle, foi escrita para dous clarinetes, un en Sib e outro en La. Considerada polo propio autor como bastante balbuceante, de carácter espontáneo e con certo sabor ácedo, froito da crítica social baseada nos escritos de Cocteau.
Antonio Ramón Martínez Castro, clarinete
Gordon Jacob foi un compositor inglés que en 1917, ao estalar a 1ª guerra Mundial, foi feito prisioneiro, e que na biblioteca de campo de prisioneiros localizou un libro de harmonía e comezou a compoñer. A obra consta de cinco pezas das que se van interpretar catro: Preamble, Waltz, Homage to J.S.B e Soliloquy.
Iria Muñoz de Santiago, clarinete
Obra composta despois dunha carreira de clarinetista de ópera e compositor en Nápoles e Milán. Dedicada ao seu amigo Jean Leduc, é unha obra inicialmente romántica que contrasta con motivos rítmicos e moi virtuosísticos.
Lara González Garrido, clarinete
Terceiro movemento do Cuarteto para o fin dos tempos, unha obra creada durante a 2ª Guerra Mundial, no campo de prisioneiros de guerra alemán de Görlitz, e estreada en 1941.
Obradoiro en lingua de signos para público infantil
Conducido por Miriam Aller e Yoli García Rodríguez
Aberto a público infantil en xeral, con ou sen discapacidade auditiva
Organiza: Biblioteca-Centro de documentación do MARCO
Mércores 18 de maio
#MARCOteca (sala perimetral anexa á biblioteca, 1º andar)
Horario: de 17.30 a 18.15 (de 3 a 6 anos) e de 18.15 a 20.00 (de 7 a 12 anos)
Prazas limitadas, necesaria INSCRICIÓN (a partir do venres 13 de maio en Taquilla MARCO)
Tel. 986 113900 (extensión 100)
recepcion.marco@gmail.com [9]
Horario taquilla: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 (domingos de 11.00 a 14.30)
Con motivo do Día Internacional dos Museos, e en liña cos obxectivos de accesibilidade promovidos dende o ICOM, o MARCO organiza esta experiencia dirixida a público infantil, e conducida por monitoras especializadas, que consiste nun achegamento ao debuxo a través da lingua de signos. Unha forma de expresión de grande forza plástica e visual, característica que comparte coa arte. Durante esta viaxe xogaremos co debuxo, a lingua, as mans, e co noso propio corpo, como unha forma moi especial de comunicarnos e de expresar emocións, sentimentos e creatividade.
Visitas guiadas ás exposicións de Alfredo Alcain, Francisco Leiro, e Idoia Montón, na compaña de persoal de salas
Para público en xeral
Entrada libre ata completar capacidade máxima en cada visita
Mércores 18 de maio
MARCO, salas de exposición do 1º andar e da planta baixa
Horarios: ás 12.00 e ás 18.00
Ampliación horarios e descontos especiais no DIM
Con ocasión do Día Internacional dos Museos (18 de maio), a tenda-libraría LASAL BOOKS, situada no vestíbulo do MARCO, súmase á celebración ampliando o seu horario de apertura pola tarde ata as 21.00, e ofrecendo un desconto do 5% en todas as compras realizadas este día, tanto en tenda coma na súa web www.lasalbooks.com [10].
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Foto%20portada%20NP%20DIM.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/avatars-000067150772-pkktny-t500x500.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/cofi-taller-muso-marco.jpeg
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/EOI.png
[5] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/DSC03886.jpg
[6] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/DIM%202022.jpg
[7] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/DIM_600X200_4.jpg
[8] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/DIM_200X150_3.jpg
[9] mailto:recepcion.marco@gmail.com
[10] http://www.lasalbooks.com
[11] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/NP_DIM%202022_MARCO_gal.pdf