Con motivo da inauguración da exposición de LLUÍS LLEÓ “PITTORE” queremos convocarvos a unha presentación guiada polo propio artista, o vindeiro venres 21 de abril ás 19.00. Só para persoas pertencentes á Agrupación Amiga do MARCO.
Lluís Lleó (Barcelona, 1961) herdou do seu avó e do seu pai a fascinación polas pinturas románticas do Vall de Boi. Este interese polas técnicas tradicionais vese reflectido na súa obra, na que aplica a técnica do fresco a través da utilización do pigmento en estado puro. Os seus traballos máis recentes caracterízanse por una conxunción entre a escultura e a pintura, a medio camino entre figuración e abstracción. Lleó sabe combinar á perfección pintura e relevo, conferido ao conxunto un matiz case arquitectónico. Esta especie de organicismo pictórico espacial no que o material xermola da tea, é transmisor de dicotonomías como lirismo-contundencia, presenza-transparencia e orde-caos.
Esta exposición, a primeira nun museo español tras o seu regreso de Nova York, onde residiu varias décadas, mostra a obra dos últimos anos – pinturas e debuxos sobre distintos soportes, grandes papeis flotando nos patios, esculturas circulares dialogan coas salas da planta Baixa e o panóptico –, xunto a una selección de traballos anteriores considerados referenciais.
Nesta ocasión non é necesario anotarse.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20visitas%20guiadas_600x200_0.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20vistas%20guiadas_200x150_0.jpg