Como remate da programación de exposicións desta tempada, este venres 18 de xuño inaugúrase nas salas do 1º andar a exposición ‘GLENDA LEÓN. Música das formas’, producida polo MEIAC (Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo) e o MARCO, e comisariada por José Jiménez.
Como actividade exclusiva para membros da AAM, convidámosvos o propio venres 18 de xuño ás 17.30 a un percorrido por salas, na compaña da artista e o comisario. Unha vez finalizada a visita, a exposición quedará aberta ao público.
Tendo en conta as restricións vixentes e limitacións de capacidade, é imprescindible reservar praza e confirmar asistencia a través do teléfono ou email de taquilla:
CONFIRMACIÓN E RESERVAS:
Taquilla MARCO
Horario: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30
986 113900 Extensión 100
recepcion.marco@gmail.com [3]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Glenda_600x200_0.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Glenda_200x150_0.jpg
[3] mailto:recepcion.marco@gmail.com