A Real Academia de España en Roma, institución dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación desenvolve, dende sempre, un rol fundamental e estratéxico para a política cultural española no estranxeiro e na formación de numerosas xeracións de artistas e intelectuais españois, italianos e latinoamericanos.
A exposición PROCESSI 148 reúne a obra realizada polos artistas residentes, dentro do seu programa anual de bolsas de produción e residencia artística. No curso académico 2020-21, a obra dos artistas residentes, 21 en total, abrangue dende a arte figurativa ata a tecnoloxía multimedia, incluíndo tamén fotografía, danza, cinema, novela gráfica, pasando pola moda e a gastronomía, entre outras disciplinas.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Roma_600x200_1.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Roma_200x150_1.jpg