Obras en exposición
Desplazamiento, 2016
Instalación
Pladur e pintura
132 m lineais
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Coa colaboración de Justo Román
A instalación propón un duplicado dos muros, desprazando a planta do museo 217 cm frontalmente e 415 cm lateralmente
Os novos muros, cunha altura de 50 cm, ofrécennos a posibilidade de repensar o lugar rompendo as dinámicas habituais de uso e percepción das salas de exposición e o restaurante do museo. Á súa vez, este obstáculo crea outras perspectivas e itinerarios, xerando circulacións non habituais.
65 lápices, 2016
Instalación
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Mural realizado por Sol Álvarez Soto, Rebeca López Villar e Gabriela Lusquiños Santos
Unha parede do museo é cuberta con 65 lapis, xerando deste xeito un debuxo abstracto de grande escala que mide o lugar no número de lapis e o tempo invertidos en realizar a acción.
Cámaras de vigilancia, 2008-2016
Instalación
Carcasas de cámaras de seguridade
Medidas variables
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Esta instalación copia e multiplica as cámaras de seguridade preexistentes no museo. A partir dun “niño” central composto por un gran número de réplicas, créase unha “praga” que se estende por distintos puntos do museo, resignificando e visibilizando un dispositivo contemporáneo tan presente como invisible. A obra foi creada para a exposición O medio é o museo, 2008.
(Telón.), 2015
4 panos de fondo de 9,60 x 5 m
Acción teatral e vídeo (8’54’’)
El Público, Centro Federico García Lorca. Granada, 2015
Un teatro sen actores no que os panos de fondo ocupan o escenario. O pano de fondo deixou de ser un elemento de transición entre actos para se converter na propia escena. Unha obra de teatro que é articulada polo subir e baixar dos panos de fondo, que crean infinitas combinacións cromáticas. Diversidade de ritmos e movementos que posibilitan encontros aleatorios entre os diferentes panos e cores.
Moving Stones, 2015
51 fotografías (15 x 20 cm c/u)
Columna, 2015
Instalación
77 pedras, variña e papel impreso
314 x 18 x 18 cm
Disappearing, 2015
Vídeo
48’’
Cappadox, 2015. Cappadocia Struck
Unha serie de paseos por Capadocia serve para seleccionar, transportar e recolocar pedras ao longo do camiño. A través do acto de camiñar, realízanse mínimos xestos transformadores da paisaxe. Estes desprazamentos exhíbense mediante documentación, tanto fotográfica como cartográfica (coordenadas), sinalando os puntos de recollida e depósito das pedras.
A columna adáptase á altura de cada lugar expositivo con pedras locais.
Piscine Saint-Georges, 2014
Videoinstalación de catro canles
4’34’’
14 de xuño de 2014. Play Time. Les Ateliers de Rennes
4a Bienal de Arte Contemporánea. Francia, 2014
A piscina Saint-Georges é unha edificación de 1926. Nesa mesma época construíronse outros equipamentos similares co fin de satisfacer as necesidades de lecer e entretemento da poboación. Neste marco 86 nadadores responderon a unha convocatoria pública da artista para nadar na piscina. A obra, que inclúe tanto o evento performático como a súa documentación, móstrase como unha instalación.
A imposibilidade de manter un círculo de nadadores, a masificación que implica nadar en liña nunha piscina ateigada, a organización dos participantes e a adecuación aos ritmos doutras persoas son elementos que xogan cunha aparente contradición á hora de contrapoñer a norma e a estrutura ao sentido lúdico que supostamente ten.
Making Ways, 2013
Instalación
Vídeos e vinilo sobre parede
Medidas variables
13ª Bienal de Istambul 13, 2013
Making Ways, 2013
Videoinstalación
Dobre pantalla
23’44”
Making Ways, 2’15” en Karaköy, 2013
Vídeo
2’15”
O trazado urbano de Karaköy na cidade de Istambul non coincide co uso que se fai deste. Así pois, os modos de cruzar a rúa convértense en material de análise e documentación. Os tránsitos e itinerarios dos viandantes son gravados, observados e clasificados, buscando xerar tipoloxías baseándose nos comportamentos e movementos dos peóns que xeran rutas máis alá das establecidas pola lexislación.
A instalación inclúe un manual de uso que recolle os comportamentos dos viandantes como alternativa ás directrices marcadas cuxa vontade, en moitas ocasións, se nos escapa.
Polder Cup, 2010
4 de setembro de 2010. Ottoland. Witte de With Center for Contemporary Art e Skor / Foundation Art and Public Space. Holanda
Pintura, vinilo e fotografía sobre parede
Medidas variables
Polder Cup, 2011
Vídeo
10’38”
Polder Cup_Post, 2011
Vídeo
4’05”
Teams Photo, 2011
15 fotografías
24 x 36 cm c/u
Mediante unha convocatoria pública, promovida dende Witte de With, que instalou un banner na súa fachada como convite, organizouse un campionato de fútbol nos pólderes, superficies terrestres gañadas ao mar. Os campos incluían os accidentes do trazado da zona, como canles con auga, o que obrigaba a xerar novas estratexias e a definir novas regras axeitadas á nova situación. Neste contexto, as dinámicas do xogo replicaban funcionamentos sociais formulando alianzas ou inimizades baseándose en escenarios concretos.
Another Via, 2009
Postal
10 x 15 cm
Al-Ma’mal Foundation, Xerusalén
Postal que formula un itinerario por Xerusalén no que os percorridos están condicionados pola interacción azarosa con outros individuos e elementos urbanos. O proxecto realizado para o contexto específico desta cidade pode ser aplicado a calquera outro lugar.
Podes comezar o paseo pola cidade dende calquera sitio e en calquera momento. Camiña recto ata atopar algún dos elementos do listado inferior. Cando o fagas xira á esquerda. Se te atopas nunha bifurcación ou unha rúa sen saída xira á dereita.
-Alguén vestido de vermello
-Alguén fumando
-Algo amarelo
-Alguén falando por teléfono
-Un toldo verde
-Segue alguén que leve lentes ata que chegue a algún lugar
Line of Sight, 2008
Intervención no espazo público
Instalación
DM, pintura e proxección
Medidas variables
29 de agosto de 2008. Intrude 366. Zendai Museum. Shanghái
Instalación dunha serie de estruturas móbiles nunha praza de Shanghái co fin de ocultar, dende un único punto de vista, os carteis publicitarios existentes. Mediante unha coreografía de persoas encargadas de mover os paneis laranxas, buscouse ocultar a publicidade contrapoñendo a utilización do espazo urbano e a súa propiedade pública.
Crossing, 2007
Serie fotográfica
66 fotografías
20x30 cm c/u
Bolsa Hangar-CBK-Duende Studios Róterdam, 2006
A acción, formulada durante a estadía en Duende Studios de Róterdam, consiste en documentar o momento en que a indumentaria dunha persoa que camiña pola cidade coincide coa cor dun edificio ou elemento urbano. Para iso, a artista agardou en distintos puntos a que se producise ese encontro casual.
Unha vez obtidas as instantáneas expóñense en liña xerando un itinerario por distintas escenas urbanas onde se mostra o momento no que as persoas se camuflan coa contorna.
366 Sillas, 2007
22 de setembro de 2007. Noite en Branco. Madrid
Vídeo
10’14”
366 cadeiras son dispostas na Plaza de la Villa e na Plaza de las Descalzas de Madrid. Fronte á rixidez do mobiliario urbano, que condiciona como nos movemos e relacionamos nese espazo, estas cadeiras permitiron habitar a cidade baseándose nas necesidades concretas de cada momento, xerando novas dinámicas e evidenciando que o uso da cidade crea espazo público.
O proxecto formalízase a través dun vídeo e unha serie de fotografías que mostran as diferentes configuracións que van adquirindo estes espazos en función dos usos e as situacións xeradas.
Ataskoa, 2005
Fotografías
(2) 87 x 131 cm, (1) 87 x 114 cm, (1) 50 x 33 cm
18 de setembro de 2005. Intza, Navarra
Ataskoa tivo lugar no ano 2005 en Intza, Navarra. Realizouse unha convocatoria pública co fin de crear un atoamento de tráfico no monte. A descontextualización dunha situación cotiá deu lugar a abrir novas posibilidades reunindo puntos de vista opostos e xerando unha nova lectura sobre o uso do coche e a nosa relación coa natureza.
Parkings, 2005
Serie fotográfica
9 fotografías
67 x 100 cm c/u
Proyecto Coches. Museo Artium. Vitoria-Gasteiz
Serie de fotografías de aparcamentos non regulados, no momento no que se van baleirando e quedan coches descontextualizados. Cando o aparcamento está cheo a inventiva individual crea novos espazos onde non os había, habilitando novas prazas de estacionamento. Os vehículos que chegaran primeiro e condicionaban a posición dos seguintes, ao marchar, deixan coches en sitios e posicións sen sentido aparente; seguindo unha lóxica que xa non chegamos a comprender.
Playa, 2005
Fotografía
(2) 87 x 131 cm
18 de agosto de 2005. Praia Zumaia, Guipúzcoa
Un domingo de agosto ofrécese a todas as persoas que chegan á praia de Itzurun, en Zumaia, unha toalla vermella para que a usen ese día. Con esta acción, a aparente normalidade de verán da praia vese interrompida ao presentar un elemento uniforme e homoxeneizador que modifica tanto a nosa lectura desta práctica cotiá coma a percepción da paisaxe.
Obras en exposición / Mesas de procesos
Unha parte das obras en exposición preséntase en salas mediante mesas de procesos, como documentación resultante de cada proxecto:
Iturriak/Fuentes, 2016
Instalación no espazo público
24 xaneiro 2016 – decembro 2016. Xardíns de Ondarreta
Capitalidade Cultural DSS2016
O proxecto consiste en instalar nunha mesma praza as fontes que foron retiradas da cidade. Unha agrupación e catalogación que remite á memoria e pretende converter a praza en Praza, a través da historia, a memoria e a reutilización do mobiliario urbano que se atopa en desuso.
Mountain, 2013
Construción de montaña
2600 m3 de terra e céspede
Lower Austria Art in Public Space. Grafenegg. Austria, 2013
Este proxecto xorde a partir do convite á artista a intervir no parque Grafenegg con motivo da construción dun lago neste.
Desta forma, formulou a elevación dunha montaña coa terra extraída para a construción do lago. Nela dispóñense terrazas e bancos, creando novos puntos de vista e distintos modos de experimentar e percibir a paisaxe.
How do You Live this Place?, 2010
4 decembro 2010. Deveron Arts. Huntly, Escocia
Creación dun mapa colectivo e subxectivo da cidade a través da experiencia dos cidadáns co seu ámbito. A partir de como viven o espazo público, os participantes colocaron cinco pedras en diferentes puntos da cidade seguindo un código de cor.
Estes códigos de cor documentáronse mediante instantáneas dos lugares nos que as pedras foron situadas e un mapa de elaboración colectiva onde as persoas participantes sinalaban os fitos onde colocaran as pedras e a cor asignada.
Football Field, 2007
Intervención no espazo público
Pintura e porterías
34 x 18 m
Fotografía dixital a cor
125 x 70,30 cm
Provisions for the Future. Sharjah Biennial 9, Emiratos Árabes, 2009
Na praza do museo de Sharjah trázanse as liñas dun campo de fútbol, incorporando os elementos de mobiliario urbano xa existentes que interfiren no xogo. Resignifícase así un espazo urbano relacionándoo cunha actividade lúdica que propicia a convivencia de diferentes formas de uso do espazo público.