O catálogo presenta unha selección de máis de 250 fotografías realizadas polo artista catalán durante as décadas dos 50 e 60 por toda a xeografía peninsular.
Estas fotografías, moitas delas inéditas ou pouco coñecidas, mostran as moitas contradiccións dunha España na que se mesturaban a modernización das grandes urbes como Madrid ou Barcelona con as pervivencias do tradicional no rural. Así, neste libro podemos atopar o máis variado crisol de instantáneas, dende os artistas máis vanguardistas como Miró ou Dalí, ata as situacións máis cotiás dos pobos, pasando do bulicio dos automóbiles ó ao recollemento da Semana Santa nunhas poucas follas, sempre de maneira maxistral por un dos nomes máis importantes da fotografía contemporánea.
O libro conta ademais con textos de Joan Fontcuberta, Hans-Michael Koetzle ou o seu fillo Martí Catalá e unha completa cronoloxía que nos destapa os aspectos máis salientables da súa vida e da súa obra.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Catala600x200_0.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Catala200x150.jpg