A exposición 'O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade' [3] reúne unha selección de obras da Colección de Arte Contemporánea da Fundación ONCE, que formaron parte das Bienais Internacionais de Arte Contemporánea organizadas pola devandita entidade.
A partir do 3 de xuño e ata o 4 de setembro, o espazo denominado ‘Laboratorio das Artes’, situado no primeiro andar do MARCO, acolle esta mostra, acompañada dun programa educativo que se desenvolverá en paralelo á exposición.
Grazas ao patrocinio da Fundación ONCE, durante os meses de xuño e xullo desenvolverase, paralelamente á mostra, un programa educativo dirixido nunha primeira fase a grupos de escolares, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso escolar— ao público infantil e ás súas familias.
O programa educativo que acompaña e complementa esta mostra está dirixido, nunha primeira fase, a grupos de escolares (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato), centros de ensino e asociacións, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso escolar— ao público infantil e as súas familias.
FASE 1
Do venres 3 ao mércores 22 de xuño
Visitas e obradoiros para grupos de escolares e asociacións
Horarios: de martes a venres, de 11.00 a 12.15 (1ª quenda) / de 12.15 a 13.30 (2ª quenda)
Máximo aproximado: 50 alumnos por quenda
Previa cita no teléfono 986 113904 / 113900
FASE 2
Do xoves 23 de xuño ao venres 29 de xullo
Actividades para público familiar: nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Horarios: de martes a venres, de 12.00 a 14.00
Entrada libre ata completar aforo
Posibilidade de reserva anticipada para grupos, ata un máximo de 15 participantes por Obradoiro
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Did%C3%A1ctica_600x200_0.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Did%C3%A1ctica_200x150_0.jpg
[3] http://www.marcovigo.com/content/o-mundo-fl-e-d-miradas-sobre-unha-mesma-realidade-0
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/GACMA_EL%20MUNDO%20FLUYE_VIGO_CAT%C3%81LOGO%20ACCESIBLE_0.pdf
[5] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/NP_O%20MUNDO%20FL%C3%9AE_gal.pdf