A Biblioteca-Centro de Documentación, inaugurada en novembro de 2004 e sita no 1º andar do MARCO, é un servizo totalmente gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.
Conta con 32 postos de lectura, e consulta en sala é directa. O fondo bibliográfico ascende a 6.750 publicacións que abranguen aspectos da arte como teoría, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías e catálogos de artistas ou catálogos colectivos.
Para tomarlle o pulso á actualidade conta cunha hemeroteca de revistas especializadas e para completar este obxectivo documental dispón de rede wi-fi.
HORARIO
Martes, mércores e xoves, de 11.00 a 14.15 e de 17.00 a 20.00
Venres, de 11.00 a 14.15
Agás festivos / Agosto, pechada
Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario.
Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com
ACCESO DIRECTO AO CATÁLOGO
Se preme no seguinte vínculo, pode consultar o catálogo en liña (recomendamos consultar o apartado Fondos-Catálogo)
Lectura en sala
A consulta en sala é directa, e non é preciso cubrir ficha. Unha vez rematado o uso dos materiais, deberán depositarse nos carros habilitados para tal efecto. Non existe servizo de préstamo domiciliario.
Sala de audiovisuais
As instalacións da Biblioteca-Centro de documentación inclúen dúas salas auxiliares equipadas para visualización de materiais audiovisuais. Estes fondos e outros materiais especiais deben ser solicitados ao persoal da Biblioteca-Centro de Documentación, cun máximo de tres obras por cada consulta, e un máximo de dúas personas para visualización dos materiais simultaneamente.
Exposicións bibliográficas e dossiers documentais
Realízanse periodicamente mostras bibliográficas que recompilan documentación e publicacións relativas a artistas presentes nas exposicións do MARCO, e temáticas relacionadas coas mesmas. Habitualmente son acompañadas de dossiers documentais dixitais que reúnen enlaces a artigos, audios, vídeos, e presenza destes artistas na rede. Estes dossiers están dispoñibles no apartado de cada exposición na web do MARCO, e en Biblioteca-Novas na súa entrada correspondente.
Visitas guiadas á Biblioteca-Centro de documentación
Co fin de achegar ao público os fondos e servizos da Biblioteca-Centro de documentación, existe a posibilidade de solicitar visitas para escolares e colectivos interesados, guiadas pola responsable da Biblioteca-Centro de documentación. A visita pode completarse cun percorrido polas exposicións, guiado polo personal de salas.
Información e reservas a través do email centro.documentacion@marcovigo.com [8] ou do teléfono 986 113902.
Préstamo Interbibliotecario
Ofrécese tamén un servizo de préstamo interbibliotecario e intercambio de publicacións con outros centros de natureza similar ao MARCO. Pregámoslles ás persoas ou entidades interesadas que se poñan en contacto connosco para facilitarlles máis información a través do e-mail centro.documentacion@marcovigo.com [8] ou do teléfono 986 113902.
Clube de lectura #BiblioMARCO
A partir de outubro de 2019 púxose en marcha o Clube de lectura #BiblioMARCO como espazo de encontro e dinamización para aquelas persoas interesadas nas artes en xeral, xa que os eixes argumentais das novelas seleccionadas están relacionados con distintas manifestacións artísticas.
A participación é de balde, previa inscrición a través do e-mail centro.documentacion@marcovigo.com [8] ou do teléfono 986 113902.
Horario: unha vez ao mes (variable según grupos), de 19.00 a 21.00.
Histórico de programación:
Tempada 2023-2024
https://www.marcovigo.com/content/club-de-lectura-bibliomarco-tempada-2023-24
Tempada 2022-2023
https://www.marcovigo.com/gl/content/pr-ximo-inicio-de-tempada-2022-23-do-club-de-lectura-bibliomarco [9]
Tempada 2021-2022
https://www.marcovigo.com/content/o-club-de-lectura-bibliomarco-inicia-t... [10]
Tempada 2020-2021
https://www.marcovigo.com/content/o-club-de-lectura-bibliomarco-inicia-tempada-2021-22-con-tres-novos-grupos [11]
Tempada 2019-2020
https://www.marcovigo.com/gl/content/clube-de-lectura-bibliomarco-2019-2020 [12]
Bookcrossing – Día do Libro
Con motivo do Día do Libro, cada ano en torno ao 23 de abril o MARCO súmase á experiencia de Bookcrossing compartida con outras 54 bibliotecas de museos e centros de arte, na que se liberan volumes relacionados con diferentes disciplinas procedentes dos fondos duplicados das súas respectivas bibliotecas.
Outras actividades de dinamización
Dende a Biblioteca-Centro de documentación lévanse a cabo distintas actividades de forma puntual que forman parte da programación do MARCO.
Algunhas realizadas anteriormente:
Proxecto Documentando o MARCO
Iniciado en 2008, trátase dun proxecto baseado no propio edificio do Museo como lugar de memoria e como espazo simbólico. O obxectivo é recoller testemuños sobre o pasado do edificio do MARCO, antes da súa rehabilitación e o seu novo uso como Centro de Arte Contemporánea, para axudarnos a recompilar a 'memoria viva' do edificio a través de experiencias persoais. Os testemuños son recollidos ben por escrito, ben con gravacións de voz ou de imaxe de vídeo. Tamén se anima ás persoas interesadas a achegar documentación como fotografías, cartas, etc. que consideren de interese como imaxe ou relato do pasado. O material recollido será dixitalizado e quedará depositado na Biblioteca-Centro de Documentación.
A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO oferta tamén un servizo de préstamo interbibliotecario e intercambio de publicacións con outros centros de natureza similar ao MARCO. Pregámoslles aos interesados que se poñan en contacto connosco para facilitarlles máis información.
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Responsable de Biblioteca e Documentación
Iria Fernández Mouriz
R/Príncipe, 54
36202 Vigo
centro.documentacion@marcovigo.com [8]
986 11 39 00. Ext: 201 / 986 11 39 02 (Directo)
Existe a posibilidade de alugar o espazo para desvolvemento de presentacións, seminarios, encontros, etc., fóra do horario de apertura ao público e da programación específica da Biblioteca-Centro de documentación.
Máis información e consultas sobre dispoñibilidade, procedementos e tarifas de aluguer, a través do e-mail info@marcovigo.com [13] ou do teléfono 986 113904.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Bibllio_01.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Biblio_02.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Biblio_03_0.jpg
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Biblio_04.jpg
[5] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Biblio_05_0.jpg
[6] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Biblio_06_0.jpg
[7] http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BusquedaBibliotecas.aspx?CodigoBiblioteca=PMB001
[8] mailto:centro.documentacion@marcovigo.com
[9] https://www.marcovigo.com/gl/content/tempada-2022-23-do-club-de-lectura-bibliomarco
[10] https://www.marcovigo.com/content/o-club-de-lectura-bibliomarco-inicia-tempada-2021-22-con-tres-novos-grupos
[11] https://www.marcovigo.com/content/clube-de-lectura-bibliomarco-20202021
[12] https://www.marcovigo.com/gl/content/clube-de-lectura-bibliomarco-2019-2020
[13] mailto:info@marcovigo.com