Coa participación de:
Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Fundación MARCO
Francisco Leiro
Miguel Fernández-Cid, director do MARCO e comisario da exposición
A exposición FRANCISCO LEIRO. O antropomórfico, que se exhibe nas salas da planta baixa do MARCO ata o 8 de xaneiro, formula unha revisión da obra do artista ao longo de máis de tres décadas; un traballo centrado no antropomórfico, que é sen dúbida un dos eixes da súa produción. Deixando a un lado calquera sentido ou intención cronolóxica, artista e comisario procuran trazar a relación das obras cos peculiares espazos da planta baixa do MARCO, recurrindo para iso tanto a obras xa realizadas como a pezas de nova produción, específicas para esta mostra.
Coincidindo coa celebración do seu 20º Aniversario, o MARCO presenta o catálogo do mesmo nome, unha publicación que completa o círculo deste proxecto, comisariado por Miguel Fernández-Cid, na súa dimensión expositiva e editorial.
Francisco Leiro. O antropomórfico, 1986-2022
Fundación MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 2022
166 p., cor, trilingüe (gal./esp./eng)
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Cat%C3%A1logo_600x200_0.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Leiro_200x150_4.jpg