Traémosvos unha das propostas poéticas máis innovadoras da rica escena galega da man do dúo CINTAADHESIVA, composto pola poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés, que terá lugar o sábado 20 de xaneiro ás 19.00 no salón de actos do MARCO.
Un dúo que podería inserirse no xénero coñecido como “e-poesia”. Disciplinas como poesía, música, videoarte e posta en escena reméndanse unhas ás outras nun espectáculo pensado para o directo, pois xorde da intención de apelar á escoita e á visión, pero tamén a outras partes sensibles e sensoriais do corpo, de maneira que o que se produza sexa unha «vivencia».
+INFO en: https://limites.net/cintaadhesiva.htm [3]
Para este espectáculo utilizaremos o método da taquilla inversa. Para quen non o coñeza, é tan sinxelo como pagar á saída a cantidade que cada quen crea que vale o espectáculo.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Outros%20eventos_600x200_2.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Outros%20eventos_200x150_2.jpg
[3] https://limites.net/cintaadhesiva.htm
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/CINTAADHESIVA%202024.pdf