Convidámosvos a unha visita á exposición “O QUE HAI. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade” na Fundación Laxeiro (Casa das Artes, 2º andar), guiada polo artista e profesor Alberto Santos (‘Ash’ Santos), que comisaría esta mostra.
Alberto Santos conta que a partir da crise económica de 2008, o alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra viuse mergullado nun contexto que, para toda unha xeración de artistas, facía pouco menos que imposible desenvolver unha traxectoria con certa dignidade.
+ INFO en: https://laxeiro.org/o-que-hai-obxecto-materia-e-o-cotian-nos-tempos-da-precariedade/ [3]
Esta exposición é a primeira proposta realizada no marco do acordo de colaboración asinado entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo, que posibilitará un proxecto expositivo anual, realizado por artistas e comisarios/as vencellados á Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20visitas%20guiadas_600x200_4.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20vistas%20guiadas_200x150_4.jpg
[3] https://laxeiro.org/o-que-hai-obxecto-materia-e-o-cotian-nos-tempos-da-precariedade/