Visita á exposición “Proxecto Incendios” guiada polo propio autor Miguel Mosquera na Fundación Laxeiro (Casa das Artes, 2º andar).
A Fundación Laxeiro presenta este proxecto de Miguel Mosquera (Ourense, 1953), no que se fai eco da vaga de incendios que asolou o sur de Galicia en outubro de 2017. O artista chama á reflexión sobre esta problemática que parece definir un aspecto da relación da poboación co territorio.
Ofrécenos un proxecto expositivo no que, seguindo unha estratexia formalmente híbrida, entre a instalación, a poesía visual e o documento, constrúe unha crónica que, a partir dos datos obxectivos, apela á emoción para fixar o acontecido na nosa memoria colectiva. Nos documentos que achegamos tedes máis información sobre a exposición.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20visitas%20guiadas_600x200_1.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20vistas%20guiadas_200x150_1.jpg