

Con motivo da inauguración da exposición de ALFONSO GALVÁN, convidámosvos a unha visita guiada na compaña do artista e do director do MARCO, o próximo venres 4 de abril ás 19.00, nas salas frontais (1º andar).
Alfonso Galván (Madrid, 1945) é un artista de difícil clasificación, con frecuencia esquecido nos balances que revisan a pintura española da súa xeración. Na mostra establécense dous núcleos: un dominado pola presenza de animais en escenas de forte contido simbólico –utilizando como punto de partida documentos e fotografías familiares tomadas en África nos anos cincuenta–, e outro en aparencia máis lírico, con paisaxes abertas e referencias orientalistas, con inclusión de textos en chinés, en especial do Daodejing, que Alfonso Galván ilustrou. Ambas as dúas seccións serven de reflexión para entender unha traxectoria na que o proceso da pintura é o que decide o seu desenvolvemento, formulado con frecuencia en cadros case infinitos, aos que a multiplicación de paneis lles dá un aire narrativo.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20visitas%20guiadas_600x200_7.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20vistas%20guiadas_200x150_7.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/content/alfonso-galv-n