MARCO / DIDÁCTICA
A área de DIDÁCTICA do MARCO afronta este ano onsolidando e renovando a súa oferta de actividades, entre as que destacan a programación para escolares, as visitas e talleres para grupos con necesidades específicas, unha nova proposta de obradoiros para adultos, e outras iniciativas dirixidas a públicos diversos.
Todas as actividades requiren cita previa ou inscrición e reserva, respectando capacidade e normativa sanitaria no que atinxe á circulación por salas e sesións de taller.
+ INFO e RESERVAS:
Dpto. Comunicación e Didáctica comunicacion@marcovigo.com [3]
Taquilla MARCO recepcion.marco@gmail.com [4]
Tel. 986 113900 (Ext. 100) / 986 113908
Colabora: Fundación "La Caixa"
Para grupos de escolares de Infantil, Primaria e Secundaria/Bacharelato
Visitas e obradoiros en torno ás exposicións temporais
Gratuíto, previa cita
O MARCO ofrece unha programación estable en torno ás súas exposicións temporais, dirixida a todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP, abranguendo así un espectro de idades entre os 3 e os 18 anos. Neste curso escolar, o programa comeza en outubro de 2021 e desenvolverase ata xuño de 2022.
Neste trimestre, as actividades para escolares toman como base a exposición ‘DIN MATAMORO. A mirada acesa’, que está a ter unha excelente acollida e que ofrece múltiples posibilidades educativas para escolares de todas as idades.
A experiencia no MARCO consiste nun percorrido polas salas de exposición, e unha actividade relacionada, que se leva a cabo na sala de Didáctica (Espazo Anexo). Tanto a selección de obras na visita como as actividades están especialmente adaptadas aos distintos grupos, con propostas diferenciadas para Infantil, Primaria e Secundaria/Bacharelato.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Coles_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Coles_200x150.jpg
[3] mailto:comunicacion@marcovigo.com
[4] mailto:recepcion.marco@gmail.com