

O libro "Voces de Atlántica" ten a súa orixe nunha das exposicións inaugurais do MARCO, titulada "Atlántica 1980-86", que ocupou as salas de exposición do primeiro andar desde o 15 de novembro de 2002 ata o 30 de marzo de 2003. Inclúe un texto de presentación sobre o contexto histórico-artístico de Atlántica, a cargo de David Barro e Carme Vidal, entrevistas a 21 dos artistas participantes nas exposicións de Atlántica, textos individualizados sobre cada un dos artistas falecidos de Atlántica, a cargo de David Barro. Testemuñas e percorrido pola obra destes artistas que participaron nas exposicións de Atlántica, recuperando partes de entrevistas e memorias das persoas máis achegadas.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/27-Voces-de-Atlantica-G.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/27-Voces-de-Atlantica.jpg