rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Febreiro 2015


BOLSAS/PROXECTOS

AUTONÓMICOS

Bolsas de Formación en materia de Patrimonio Moble Galego
  NOVO
Convoca: Xunta de Galicia
Descrición: bolsas para impulsar a formación do futuro profesional técnico en materia de museos. As funcións serán a protección, inventario, restauración e difusión do patrimonio cultural, así como o coidado, dotación, instalación e promoción dos museos. Haberá de dous tipos: a) para documentación de fondos de patrimonio moble: Licenciados en Historia/Antropoloxía, Historia da Arte ou Arqueoloxía; b) para restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia: Diplomatura en Conservación e Restauración coa especialidade de Arqueoloxía ou Pintura/Escultura. A duración da bolsa será de 6 meses. 
Dotación: 5.750€ cada bolsa
Data fin: 15 de febreiro de 2015
Máis información


ESTATAIS

Soft Control. III Convocatoria para proyectos interdisciplinares    NOVO
Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: o obxecto da convocatoria é ofrecer a un artista a posibilidade de desenvolver un proxecto de investigación transdisciplinar que formule a pregunta que necesite dunha resposta colectiva e incorpore como parte da súa metodoloxía unha proposta de expedición xunto a profesionais tanto do ámbito artístico como científico. Poderán presentarse artista de calquera disciplina, idade e nacionalidade. A duración da residencia será de tres semanas, do 20 de abril ao 10 de maio de 2015.
Dotación: honorarios do artista: 1.000€; aloxamento en Hangar (valorado en 350€); espazo de traballo en Hangar (valorado en 150€); custo de produción da expedición: 1.200€; gastos de desprazamento: ata 450€; uso do equipo do centro; asistencia técnica puntual e acompañamento da residencia por parte de Regina de Miguel e Martín Llavaneras.
Data fin: 8 de marzo de 2015
Máis información


XXIII Becas Fundación Botín. Artes Plásticas 
  NOVO
Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: as bolsas de artes plásticas están destinadas á formación, investigación e realización de proxectos personais no ámbito da creación artística (non traballos teóricos) para artistas de calquera nacionalidade. O tempo de aproveitamento da bolsa será de 9 meses. Poderán optar a ela artistas con idades comprendidas entre os 23 e os 40 anos para as de formación. As referidas á investigación e proxectos persoais non terán límite de idade. 
Dotación: sen cambio de país de residencia: 16.000€; con traslado a outro país distinto á súa residencia habitual: 24.000€. As cantidades comprenden os conceptos de viaxes, aloxamento, manutención, aluguer do estudio, etc. 
Data fin: 30 de abril de 2015
Máis información 

XI Becas Fundación Botín. Comisariado de Exposiciones y Gestión de Museos   NOVO
Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: a Fundación Botín convoca dúas bolsas destinadas á formación especializada nun centro do estranxeiro, co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral. O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea. Poderán presentarse diplomados, licenciados ou estudantes de posgrado en Belas Artes, Historia da Arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades ou Crítica da Arte, ou ser profesional da arte sen ter os requisitos anteriores pero que é capaz de demostrar capacitación neste campo. Os aspirantes terán que ter a nacionalidade española ou demostrar a residencia en España desde os cinco anos antes da presentación da solicitude. Deberá contar cunha idade comprendida entre os 23 e os 40 anos e dominar o idioma do país de destino.
Dotación: 18.000€ cada bolsa en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc. aos que se sumarán 12.000€ en concepto de matrícula no centro elixido.
Data fin: 8 de maio de 2015
Máis información


CURSOS/OBRADOIROS

AUTONÓMICOS

Sin Miedo a Intentarlo. Taller de Iniciación a la Producción Artística    NOVO
Convoca: Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña
Descrición: obradoiro de actividades para experimentar os procesos creativos da creación artística nun formato sinxelo e asequible para todos os perfís. O obxectivo do obradoiro é por unha parte dilucidar unha das preguntas máis frecuentes entre os amantes da arte contemporánea, o "como se fai?" e por outra é eliminar o "medo a intentalo", a timidez lóxica do que non tivo unha primeira experiencia cos procesos de produción artística. 
Prezo: 85€
Datas: 6 de febreiro - 24 de abril de 2015. Inscricións ata o 4 de febreiro de 2015.
Máis información

Conferencia de Rosa Gamero. Arte con los cinco sentidos    NOVO
Convoca: Centro Ágora, A Coruña
Descrición: a perda dun ou varios sentidos non impide o desenvolvemento artístico dunha persoa e da súa creatividade. Aprenderán a ver tocando, en caso de persoas sen vista. O obxectivo é educar as emocións con proxección, tamén as novas xeracións, e iso está ao alcance de toda a sociedade. 
Prezo: de balde ata completar aforo
Data: 5 de febreiro de 2015
Máis información  

Taller de Stop Motion    NOVO
Convoca: Agrupación Cinematográfica Galega, Vigo
Descrición: obradoiro de animación e música, no que descubrirán e entenderán os conceptos básico do ritmo musical, aplicados sobre a animación "stop-motion", co obxecto de realizar unha peza animada, coñecendo e practicando distintas técnicas de animación: plastilina, pixilación, area, animación con luz, recortables, etc.
Prezo: 210€; matrícula con desconto: 188€
Datas: 6-8 de febreiro de 2015
Máis información


Taller de Video Mapping    NOVO

Convoca: Agrupación Cinematográfica Galega, Vigo
Descrición: o obxectivo do obradoiro é coñecer o que hai que ter en conta á hora de planificar un proxecto de video mapping. Tomar medidas de distancias, proporcións, marcas de axuste e posición como parte da pre-produción. Localización e planeamento: onde colocar os proxectores para unha correcta visualización. Desenvolvemento técnico: que se necesita. Plantillas e máscaras de referencia (escáner 2D/3D). Guía de programas específicos para facer mapping. Tipoloxías do mapping: arquitectura, realidade aumentada, interactivo, sobre obxectos.
Prezo: 210€; matrícula con desconto: 188€
Datas: 13-15 de marzo de 2015
Máis información

Fotografía Nocturna y Astrofotografía de Paisaje    NOVO
Convoca: Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña
Descrición: este curso aportará ao interesado os coñecementos e habilidades necesarias para crear un proxecto basado na fotografía noctura e na composición de imaxes enmarcadas en esceas de pouca luz, tomando así fotografías diferentes e de gran beleza estética. 
Prezo: 80€
Datas: sesións teóricas: 20 e 27 de febreiro, 6 e 13 de marzo. Saída noctura: 13 de marzo. Revelado e visionado de traballos: 14 de marzo. Inscricións ata o 17 de febreiro de 2015.
Máis información

ESTATAIS    

Miércoles de los Amigos. Conferencias abiertas al público en el Museo del Traje NOVO
Convoca: Museo del Traje, Madrid
Descrición: esta actividade ofrece unha visión multidisciplinar sobre a moda a cargo de expertos pertencentes á Asociación de Amigos do Museo. 
Prezo: entrada libre ata completar aforo
Datas: 4 de febreiro de 2015: "La alquimia de un oficio-arte. La sombrerería, presente y futuro"; 11 de marzo de 2015: "Balenciaga y los bijoutiers creadores de sus joyas" 
Máis información


El Arte de Bailar sobre el Papel, por Jinhee Kim NOVO

Convoca: Bilbao Arte, Bilbao
Descrición: para os orientais, a caligrafía unha arte tan importante como a pintura ou a escultura. Trátase dunha actividade considerada sacra e suprema, un campo expresivo conservado durante miles de anos que conta con multitude de adeptos no mundo oriental. Ao longo do curso, o alumno poderá adquirir os coñecementos fundamentais desta arte que a esencia de escribir non é so representar a beleza dos símbolos, senón desenvolver e potenciar as virtudes da persoa que os realiza.
Prezo: 120€; alumnos do curso anterior, universitarios e usuarios e artistas de Bilbao Arte: 100€
Datas: 11 de febreiro - 1 de abril de 2015. Inscricións ata o 4 de febreiro de 2015
Máis información

El Arte de Mirar V. La Vida de la Imagen  NOVO
Convoca: Museo Nacional de Escultura, Valladolid e Universidad de Valladolid
Descrición: o universo das imaxes é unha realidade que, pola súa longa traxectoria, a súa riqueza e a súa complexidade, é anterior e máis profundo có da arte. Indisociable da "imaxinación", a imaxe está por todas as partes, miremos onde miremos: documenta a historia, encarna ideas abstractas, levanta tormentas políticas, invade os nosos soños e mestúrase, paradoxicamente, co invisible.
Prezo: xeral: 80€; alumnos, profesores, persoal da Universidad de Valladolid, membros de antigos alumnos da universidade e membros da Asociación de Amigos do Museo Nacional de Escultura así como titulados desempregados: 45€
Datas: 5 de febreiro - 17 de marzo de 2015. Inscricións ata o 4 de febreiro de 2015
Máis información


Poesía Visual   NOVO

Convoca: MACBA, Barcelona
Descrición: curso que servirá para aproximar aos alumnos á poesía visual, cun percorrido que abrangue desde os seus inicios ata a actualidade, pasando pola obra de Joan Brossa e deixando espazo para a práctica.
Prezo: non consta
Datas: 5 de febreiro - 19 de marzo de 2015
Máis información 

Taller de Gestión y Cultura Contemporánea  NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: ao longo da última década proliferaron numerosos centros de creación e de cultura contemporánea, o que provocou unha reflexión sobre o papel dos programadores e xestores culturais. La Casa Encendida foi un destes centros polo que este curso centrarase na propia experiencia para tratar de compartir o papel da cultura como representación do mundo contemporáneo e como creadora de valores necesarios para a construción do mundo actual.
Prezo: 190€
Datas: 7 de febreiro - 28 de marzo de 2015
Máis información

La Moda en el Cine y la Publicidad  NOVO
Convoca: La Térmica, Madrid
Descrición: o curso tratará os seguintes temas: a influencia do cine na moda, envolvendo ao personaxe, grandes deseñadores de vestiario no cine, deseñadores de moda no cine, moda e cine en España, deseñadores no cine español, o mundo da moda no cine, a moda do pasado e do futuro, a moda e o cine: matrimonio de conveniencia.
Prezo: 60€
Datas: 12-14 de febreiro de 2015
Máis información


El Sonido de la Visión  NOVO
Convoca: Real Asociación de Amigos del Museo Reina Sofía, Madrid
Descrición: neste curso van a traballarse as relacións de afinidade que músicos e pintores manifestaron frecuentemente entre as súas obras. 
Prezo: xeral: 90€; amigos do MNCARS: 70€
Datas: 18 de febreiro - 25 de marzo de 2015
Máis información


Taller "Introducción al cine en directo y hecho a mano" a cargo de Cris Blanco   
NOVO

Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: este obradoiro pretende ser unha intromisión no cine sen saber as regras do cine e cun orzamento de baixo custo. Un achegamento ao cine de forma caseira e artesanal, cine "feito a man", que abordarán, traducindo a linguaxe cinematográfica e os seus efectos especiais a solucións analóxicas e artesanais que funcionen en pantalla. Tamén pretende ser unha introdución a facer un cine en directo, no que a escea en pantalla sexa vista á vez que o seu "making off", engadindo así as posibilidades da linguaxe escénica ás da linguaxe cinematográfica.
Prezo: 45€; desconto da AAVC: 35€
Datas: 21-22 de febreiro de 2015
Máis información      

Taller de Grabado  NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: o obradoiro formúlase como unha iniciación ás técnicas do gravado. Afondarase nas posibilidades expresivas propias das diferentes técnicas de reprodución e os participantes poderán enfocar as nocións aprendidas cara aos seus intereses creativos. O obradoiro centrarase no oco gravado en punta seca e augaforte.
Prezo: xeral: 150€; socios CBA e desempregados: 138€
Datas: 21 de febreiro - 21 de marzo de 2015
Máis información

Taller "Data Bending" o búsqueda de nuevas estéticas en el glitch   NOVO
Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: todos os participantes producirán imaxes e sons "glitch", por medio de técnicas informáticas experimentais e utilizando ferramentas de "software libre". 
Prezo: 85€
Datas: 6-7 e 13-14 de marzo de 2015
Máis información

Cine Documental de Creación: un Arte Verdadero  NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: este obradoiro comprende clases teóricas e prácticas para aproximarse ao mundo do cine documental. Mediante o visionado de varias películas emblemáticas do xénero, os asistentes descubrirán a evolución do cine documental circunscrita aos retos e estéticas propias dos autores, os seus países e a súa época. Nas clases prácticas, o obxectivo será lograr que os participantes localicen o seu propio estilo. Para isto, desenvolverán un proxecto persoal cuxa temática será o retrato. Tratarase dun primeiro ensaio, unha investigación na que poñer en práctica a reflexión sobre aspectos como o tema, o personaxe, o tempo e o estilo.
Prezo: xeral: 350€; socios CBA: 280€
Datas: 9 - 20 de marzo de 2015
Máis información

What Are You Looking At? Curso de aproximación al arte urbano a cargo de Jordi Pallarès 
Convoca: Es Baluard, Palma de Mallorca
Descrición: o curso preséntase como unha iniciación formativa ás intervencións no espazo público e no chamado arte urbano en moitas das súas formas de visibilizarse. 
Prezo: non consta
Datas: 18 de marzo - 1 de abril de 2015
Máis información 

La Muerte del Pop. Taller de Diseño de Fanzine / Publicación Punk Colectiva por Javier Montero  NOVO
Convoca: Ca2M, Móstoles 
Descrición: durante o obradoiro os participantes deseñarán de maneira colectiva un fanzine/publicación punk. Experimentarán coa escritura, a fotografía, o debuxo, o "collage", o deseño gráfico e editorial, a tipografía e a narración. A publicación que resulte será un experimento narrativo aberto, colectivo e transversal, no que os participantes desenvolverán as súas propias ideas e reflexións. 
Prezo: de balde, previa inscrición
Datas: 7 de abril - 5 de maio de 2015. Inscricións ata o 30 de marzo de 2015
Máis información

PREMIOS

AUTONÓMICOS

XII Festival de Cans. Presentación de Curtametraxes e Videoclips    NOVO
Convoca: Asociación Cultural Arela
Descrición: as curtametraxes e videoclips que se presenten a concurso deben ser obras galegas dos anos 2013, 2014 ou 2015. Como obras galegas enténdense pezas producidas por produtoras de Galicia ou de fóra de Galicia pero cuxo director ou directora sexa galego. Os videoclips que se presenten deben ser de grupos galegos e estar dirixidos por directores ou directoras galegos. Haberá tres categorías: a) curtametraxes de ficción ou non-ficción; b) curtametraxes de animación; c) videoclips. A duración non poderá exceder de 30 minutos. 
Premios: entre 300€ ata 1.500€
Data fin: 6 de marzo de 2015
Máis información 

VI Premio Atlante del Museo del Grabado a la Estampa Digital   NOVO
Convoca: Fundación Museo de Artes, Riveira, A Coruña
Descrición: poderán participar todos os artistas nacionais ou estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas tradicionais da arte gráfica (calcografía, xilografía, litografía ou serigrafía) e poderán combinarse con outras técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos que consideren convenientes. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición con posibilidade de compra.
Premios: premio Ramiro Carregal de gravado: 5.000€; tres premios: 2.500€ cada un; premio especial para un artista nado ou residente na Península da Barbanza e Ría de Arousa: 1.400€ 
Data fin: 31 de marzo de 2015
Máis información


ESTATAIS


XI Premio Climent Muncunill Roca para Jóvenes Artistas    
Convoca: Ajuntament de Manresa e a familia Muncunill i Roca
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas menores de 30 anos que o desexen. Serán admitidas a concurso todas aquelas obras de artes plásticas de formato bidimensional elaboradas en calquera técnica tradicional ou mixta, incluídos os tratamentos fotográficos e informáticos. 
Premios: 1º premio: 2.400€; accésit: 1.200€ e tamén terán unha reserva na programación para realizar unha exposición.
Data fin: 6 de febreiro de 2015
Máis información

XVIII Concurso de Carteles para la Universidad de Verano 2015   

Convoca: Universidad de Lleida
Descrición: o concurso está dirixido a todo aquel que queira participar. O tema será os cursos de verán impartidos pola universidade.
Premio: 1.000€
Data fin: 9 de febreiro de 2015
Máis información

VI Certamen Nacional de Pintura Ramón Portillo / Ciudad de Motril  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Motril e Asociación Cultural Amigos de Ramón Portillo
Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade. O estilo e temática serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 7.000€ + diploma; 2º premio: 4.000€ + diploma; tres mencións honoríficas: un diploma cada un
Data fin: 20 de febreiro de 2015
Máis información

VI Premio Bienal de Pintura Torres García-Ciutat de Mataró 2015   
Convoca: Associació Sant Lluc per l'Art, Mataró
Descrición: cada participante poderá presentar unicamente unha obra non premiada nin seleccionada noutro concurso. O tema, o soporte e a técnica son libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 9.000€
Data fin: 21 de febreiro de 2015
Máis información 

II Concurso de Carteles XXXVII Feria de Artesanía del País Vasco Errentería NOVO
Convoca: Ereintza Eikartea, Errentería, Guipúscoa
Descrición: a finalidade do concurso é promocionar a feira de artesanía do País Vasco por isto, a temática deberá basearse no concepto "artesanía e comercio". O cor e a técnica serán libres. 
Premio: 600€
Data fin: 28 de febreiro de 2015
Máis información


II Festival de Cortos y Salud Mental - Cine Mental   
Convoca: ASAENES, Sevilla
Descrición: o festival pretende contribuír a derribar mitos sobre a saúde mental. Poderán presentarse ao concurso curtametraxes de calquera lugar, con realizadores de calquera idade. 
Premios: Premio á mellor curtametraxe de ficción, premio á mellor curtametraxe documental e premio ASAENES (local): 1.000€ cada un
Data fin: 1 de marzo de 2015
Máis información 

XXXVI Concurso de Bocetos para Cartel LIX Fiesta del Olivo    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Mora, Toledo
Descrición: poderán participar todas as persoas que o desexen. A técnica será libre e o tema estará relacionado coa festa do olivo e coa poboación de Mora. 
Premio: 600€
Data fin: 2 de marzo de 2015
Máis información


Concurso para seleccionar el Cartel Anunciador de la XXX Exhibición de Enganches 2015   NOVO
Convoca: Real Club de Enganches de Andalucía, Sevilla
Descrición: poderá participar calquera persoa que o desexe, nacional ou estranxeira, individualmente ou por equipos. A técnica pictórica será libre (óleo, acrílico, mixta, etc.) sen admitir as retocadas ou realizadas con medios dixitais. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 4.000€
Data fin: 3 de marzo de 2015
Máis información


Concurso de Cartel Anunciador Fiestas de San Juan 2015    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Soria
Descrición: poderán participar autores nacionais ou estranxeiros, cun máximo dunha obra por autor, orixinal e inédita. A técnica será libre. 
Premio: 2.000€
Data fin: 6 de marzo de 2015
Máis información 

Concurso de Fotografía Foto Urbe   NOVO
Convoca: Foto Urbe
Descrición: o tema de participación deste concurso é a fotografía urbana. Pódese participar con ilustracións, fotografías dende unha cámara reflex ou dende unha cámara de móbil.
Premios: 1º premio: 1.200€; 2º premio: edición e deseño dun libro de fotografía; 3º premio: exposición coas 21 imaxes gañadoras no espazo Niu en Barcelona
Data fin: 16 de marzo de 2015
Máis información


XVI Certamen Andaluz de Pintura Contemporánea "Ciudad de Torremolinos" 2015   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Torremolinos
Descrición: poderán participar todos os pintores que o desexen. Os autores terán completa liberdade de tema, material, técnica e tendencia artística. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 1.000€
Data fin: 20 de marzo de 2015
Máis información


XXI Premio Nacional de Pintura de Castellón 
Convoca: Ayuntamiento de Castellón de la Plana
Descrición: poderán concorrer a esta convocatoria obras realizadas en calquera técnica pictórica. 
Premio: 3.000€
Data fin: 27 de marzo de 2015
Máis información 

Concurso de Carteles Feria y LXVIII "Fiesta de la Vendimia de la Ciudad de Requena"    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Requena, Valencia
Descrición: poderán participar todos os artistas de calquera nacionalidade. O tema será a vendimia, o viño, a festa e Requena. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición.
Premio: 900€
Data fin: 31 de marzo de 2015
Máis información


CVCEPHOTO, Concurso Internacional de Fotografía de Montaña Donostia - San Sebastián  NOVO
Convoca: CVCEPHOTO, Donostia
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos afeccionados ou profesionais de calquera lugar do mundo. A temática son as actividades de montaña, é dicir, calquera imaxe relacionada con actividades deportivas (non motorizadas) que se realicen na montaña, por exemplo, alpinismo, escalada, esquí, trecking, BTT, espeleoloxía, parapente, ... As obras seleccionadas formarán parte dunha galería na web.
Premios: 1º premio: 1.400€; 2º premio: 600€; 3º premio: 300€
Data fin: 1 de abril de 2015
Máis información


XXXVIII Certamen Nacional de Pintura de Mora 

Convoca: Ayuntamiento de Mora, Toledo
Descrición: poderán participar todos os pintores españois ou estranxeiros, residentes en España, que o desexen. Admitiranse todos os estilos e tendencias, con liberdade de técnicas. A temática será libre.
Premios: 1º premio: 3.000€; premio para residentes ou nados en Mora: 800€ + exposición da súa obra
Data fin: 1 de abril de 2015
Máis información

IV Festival de Cortometrajes K-Lidoscopi 2015    NOVO
Convoca: Asociación Cultural K-Lidoscopi, Culllera, Valencia
Descrición: poderán participar todos os cineastas e afeccionados residente en España. As curtametraxes clasificaranse nos seguintes grupos: argumental, documental, animación, vídeoarte/experimental. A duración non poderá sobrepasar os 30 minutos. 
Premios: argumental: 1.000€ + trofeo; animación: 500€ + trofeo; documental: 500€ + trofeo; vídeoarte/experimental: 200€ + trofeo
Data fin: 3 de abril de 2015
Máis información


I Concurso Fotográfico "El Patiaz" Arte Mudéjar  
Convoca: Asociación Cultural "El Patiaz", Tauste (Zaragoza)
Descrición: o obxectivo desta convocatoria é estimular o coñecemento e valoración da Arte Mudéxar. Poderá participar calquera persoa maior de 18 anos e residente en España. O tema do concurso é "Arte Mudéxar". Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
Premios: 1º premio: 600€; 2º premio: 300€; 3º premio: 150€; dous accésits: 100€ cada un
Data fin: 15 de abril de 2015
Máis información

XXXIX Certamen Nacional de Pintura Vila de Pego 2015   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Pego, Alacant
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, de calquera nacionalidade, maiores de idade e residentes en España. O tema, a materia e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo.
Premio: 3.000€
Data fin: 30 de abril de 2015
Máis información


VII Certamen de Pintura y Fotografía "Ramón Muñoz Torres"    NOVO
Convoca: Instituto de Enseñanza Secundaria "Luis Carrillo de Sotomayor", Baena, Córdoba
Descrición: poderá participar calquera persoa, sen límite de idade, cun máximo de dúas obras por autor, orixinais e inéditas. A técnica e a temática serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premios: a) pintura: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 600€; 3º premio: 400€; b) fotografía: 500€
Data fin: 8 de maio de 2015
Máis información


II Concurso Nacional de Fotografía Deportiva Félix Ordóñez    NOVO
Convoca: Instituto Provincial para el Deporte y Juventud. Diputación Provincial de Burgos
Descrición: poderá participar calquera persoa a partir de 16 anos de idade. Haberá dúas categorías: profesionais e afeccionados. O tema será a actividade deportiva en calquera das dúas disciplinas, no ámbito do deporte español profesional ou afeccionado, dentro e fóra das nosas fronteiras. 
Premios: a) profesionais: 1º premio: 800€; tres mencións: 300€ cada unha; premio especial aos valores deportivos: 500€; b) afeccionado: 1º premio: 600€; tres mencións: 200€ cada unha; premio especial aos valores deportivos: 400€
Data fin: 21 de maio de 2015
Máis información


VIII Concurso de Carteles "San Silvestre Salmantina"    NOVO
Convoca: Club Deportivo Padre Basabe, Salamanca
Descrición: poderán concursar todas as persoas que o desexen, sen importar a súa nacionalidade ou residencia. A técnica e as cores serán libres e o tema terá que estar relacionado coa carreira de San Silvestre. 
Premio: 2.000€ 
Data fin: 28 de maio de 2015
Máis información


VIII Concurso de Pintura y Escultura Figurativas'15    NOVO
Convoca: Fundació Privada de les Arts i els Artistes, Barcelona
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen. O tema e a técnica serán libres, pero sempre dentro da modalidade da arte figurativa. A preselección farase por medio do envío dun dossier e imaxe da obra. 
Premios: 1º premio de pintura: 36.000€; fondo de adquisición de Escultura: 40.000€
Data fin: 30 de maio de 2015
Máis información



 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.