rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Maio-Xuño 2015

BOLSAS/PROXECTOS

AUTONÓMICOS                                                                                                                                                                      

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais 2015
Convoca: Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)
Descrición: esta convocatoria establece o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas, compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan excluídas as asociacións e entidades sen fins de lucro. Existen catro modalidades de subvencións: Modalidade A1: Distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia; Modalidade A2: Representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia; Modalidade A3: Asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia; Modalidade A4: Distribución de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma. 
Dotación:  a contía máxima total que poderá obter unha empresa beneficiaria para o conxunto das distintas actividades será de 40.000 euros. Para as modalidades A1 e A2, considéranse gastos subvencionables o desprazamento, transporte, mantenza e aloxamento do persoal artístico e técnico. Para a modalidade A3 considéranse subvencionables os gastos derivados da asistencia á feira, festival ou mercado cultural (desprazamento, transporte, aloxamento, mantenza), así como os dereitos ou as cotas de asistencia e alugamento de espazos de exhibición. Para a Modalidade A4, a subvención poderá cubrir ata o 100% dos custos de persoal artístico e técnico (nóminas e Seguridade Social). 
Data fin: 31 de agosto de 2015
Máis información

ESTATAIS
 
XI Becas Fundación Botín. Comisariado de Exposiciones y Gestión de Museos

Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: a Fundación Botín convoca dúas bolsas destinadas á formación especializada nun centro do estranxeiro, co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral. O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea. Poderán presentarse diplomados, licenciados ou estudantes de posgrado en Belas Artes, Historia da Arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades ou Crítica da Arte, ou ser profesional da arte sen ter os requisitos anteriores pero que é capaz de demostrar capacitación neste campo. Os aspirantes terán que ter a nacionalidade española ou demostrar a residencia en España desde os cinco anos antes da presentación da solicitude. Deberá contar cunha idade comprendida entre os 23 e os 40 anos e dominar o idioma do país de destino.
Dotación: 18.000€ cada bolsa en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc. aos que se sumarán 12.000€ en concepto de matrícula no centro elixido.
Data fin: 8 de maio de 2015
Máis información

Ayudas de la Fundación BBVA para la Creación en Videoarte    
Convoca: Fundación BBVA, Madrid
Descrición: convócanse dez axudas para a creación de obras de videoarte. Poden solicitalas videoartistas españois ou estranxeiros con residencia permanente en España.
Dotación:  30.000€ brutos para cada artista
Data fin: 20 de maio de 2015
Máis información

Ayudas de la Fundación BBVA para Investigadores, Innovadores y Creadores Culturales    
Convoca: Fundación BBVA, Madrid
Descrición: convócanse 55 axudas para a realización dun proxecto de entre 6 meses e 1 ano. Poden solicitalas investigadores, creadores ou profesionais do ámbito científico ou cultural con nacionalidade española ou permiso de residencia permanente. Terase en conta a alta innovación na produción científica e cultural dos candidatos. As áreas prefererentes son: Ciencias Básicas, Bioloxía e Biomedicina, Tecnoloxías da Información e a Comunicación, outras Enxeñerías, Arquitectura, Ciencias do Medio Ambiente e Ciencias da Terra, Economía, Finanzas e Xestión de Empresas, Ciencias Xurídicas e Sociais, Humanidades, Xornalismo, Comunicación e Ciencias da Información, Artes Plásticas e Arte Dixital, Música e Ópera, e Creación literaria e Teatro.
Dotación: ata 40.000€ brutos cada unha.
Data fin: 20 de maio de 2015
Máis información 

XXII Jornadas de Estudio de la Imagen. Comparabilidades: Relación y Escala    NOVO
Convoca: CA2M, Madrid
Descrición: convocatoria para a presentación de traballos de investigadores de teoría práctica artística que estuden a comparación e contraposición como método entre distintas escalas: sociais, estéticas e temporais. Estes proxectos serán presentados nas sesións críticas que se realizaran durante as xornadas. Acéptanse proxectos en español e inglés.
Dotación: o CA2M cubrirá os gastos de desprazamento e aloxamento dos seleccionados que non residan na Comunidade de Madrid.
Data fin: 28 de maio de 2015
Máis información

VI Becas Hàbitat Artístic Castelló e Hàbitat Artístic Castelló-Abroad     NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Castellón de la Plana
Descrición: a convocatoria ten por obxecto a concesión de cinco bolsas: catro bolsas Habitat Artístic Castelló e unha bolsa Hàbitat Artístic Castelló-Abroad. Todas teñen como cometido a realización dun proxecto artístico de tema libre en calqueira disciplina da arte actual. Das catro bolsas Hàbitat Artistic Castelló, dúas diríxense a artistas de nacionalidade española (unha a residentes na provincia de Castellón e a outra a artistas residentes no resto de provincias españolas) e dúas diríxense a artistas estranxeiros que non teñan residencia en España. A bolsa Hàbitat Artístic Castelló-Abroad diríxese a artistas de nacionalidade española que teñan a súa residencia na cidade de Castellón de la Plana para realizar un proxecto artístico de tema libre na residencia GlogauAir, Artis in Residence Program, en Berlín.  Os requisitos dos solicitantes son: ter experiencia e traxectoria artística demostrable; non ser beneficiario con anterioridade destas mesmas bolsas; ter entre 23 e 40 anos e ser español e residir en España ou ser estranxeiro e non residir en España para Hàbitat Artístic Castelló ou ben ser español, e ter residencia en Castellón de la Plana cunha antigüedade mínima continuada de 5 anos.
Dotación: para cada artista estranxeiro beneficiario dunha bolsa Hàbitat Artístic Castelló: 9.600€; para cada artista español beneficiario dunha bolsa Hàbitat Artístic Castelló: 6.900€; para o artista español residente na cidade de Castellón beneficiario dunha bolsa Hàbitat Artístic Castelló-Abroad: 9.600 €.
Data fin: 15 de xuño de 2015
Máis información

Beca Pilar Juncosa a un proyecto de educación artística    NOVO
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Mallorca
Descrición: bolsa para desenvolver un proxecto na sede da Fundación en Mallorca, que motive o achegamento dun sector de público específico (profesorado, mozos, nenos, adultos, maiores, discapacitados, etc) á arte contemporánea, ademais de estar relacionado co fondo documental e artístico da Fundación ou con calquera outro aspecto da creación contemporánea. Valorarase a viabilidade dos proxecto segundo a infraestructura, organización e equipo da Fundación. 
Dotación: 4.000€ (1.300€ brutos para o artista e 2.800€ para a realización do proxecto).
Data fin: 31 de xullo de 2015
Máis información

Becas de formación para participar en los cursos de los talleres de obra gráfica de Joan Miró    NOVO
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Mallorca
Descrición: 2 bolsas abertas a artistas interesados nas técnicas de estampación e obra seriada; 1 bolsa de formación para os gañadores do certame de arte gráfica para novos creadores.
Dotación: bolsas para estampación e obra seriada: matrícula  de balde a un dos cursos dos obradoiros de obra gráfica de Joan Miró + 1000€ para gastos; bolsas de formación para o gañador de novos creadores: matrícula de balde para un dos cursos anuais de obra gráfica da Fundación + ata 1.000 para gastos.
Data fin: 31 de xullo de 2015
Máis información

Becas de formación artística en otros centros    NOVO
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Mallorca
Descrición: 1 bolsa de residencia, formación e participación na Casa de Velázquez de Madrid (hai que presentar un proxecto artístisco que se poida desenvolver na Casa de Velázquez nun máximo de 3 meses); 1 bolsa de residencia, formación e participación na The Slade School of Fine Arts na University College de Londres (é preciso presentar o proxecto en inglés).
Dotación: bolsa en Casa de Velázquez: 2.000€; bolsa en The Slade School of Fine Arts: 3.000€
Data fin: 31 de xullo de 2015
Máis información

I Convocatoria para la producción de una herramienta educativa    NOVO
Convoca: LABoral, Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón
Descrición: o obxecto da convocatoria é outorgar unha residencia de produción para a realización dunha ferramenta educativa que introduza o profesorado e alumnado na práctica artística contemporánea como recurso para traballar o currículo escolar. Poderá optar a esta bolsa calquera creador ou colectivo cuxo traballo combine a arte contemporánea, a pedagoxía e as novas tecnoloxías. Os criterios de valoración serán: a orixinalidade e valor pedagóxico da proposta, a viabilidade da súa realización segundo os prazos e orzamento, a súa viabilidade técnica e o impacto do proxecto.
Dotación: 10.000€ en concepto de produción e honorarios + 1.500 € de bolsa de viaxe + aloxamento pagado.
Data fin: 12 de xuño de 2016
Máis información

CURSOS/OBRADOIROS

AUTONÓMICOS

Cinema Now! Imágenes en el vacío    NOVO
Convoca: Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, A Coruña
Descrición: mediante a proxección e análise de secuencias e curtametraxes, o curso analizará o vacío existencial e o ensimismamento posmoderno no cine contemporáneo.
Prezo: 45€
Datas: sábados 9, 16, 23, 30 maio; sábado 13 xuño. Inscricións ata o 7 de maio de 2015
Máis información  

Videoprint       NOVO
Convoca: Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, A Coruña
Descrición: obradoiro de gravado e videoanimaciónno que estas dúas disciplinas conviven de xeito experimental para dar a coñecer o gravado dende unha perspectiva nova, non só como estampa única, tamén como imaxes que compoñen unha secuencia, co obxectivo de crear unha película de animación personalizada.
Prezo: 50€
Datas: sábados do 16 de maio ao 13 de xuño de 2015. Inscricións ata o 13 de maio de 2015
Máis información  

ESTATAIS

Buscando contenido. Searching for Content       NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: este obradoiro busca plantexar a orixe e o sino do contido, ademais da súa subxectivación e transferencia para establecer unha ética do contido.
Prezo: 50€
Datas: 11-13 maio 2015. Inscricións ata 11 maio 2015.
Máis información

Documental y neovanguardia. Prácticas fotográficas en los años 70       NOVO
Convoca: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
Descrición: durante seis sesións, o ciclo reúne a especialistas internacionais que analizan os temas presentes na mostra "Aún no. Sobre la reinvención del documental y la crítica de la modernidad" dende diferentes perspectivas: a reivención documental dos anos 70, a integración entre produción cinematográfica e movilización social en maio do 68, a segunda onda do movemento de fotografía obreira, a confluencia entre marxismo, feminismo e estudos culturais, as novas formas críticas aplicadas ao fotoxornalismo e as prácticas fotográficas feministas en España durante a transición.
Prezo: de balde ata cubrir aforo
Datas: 11-26 de maio de 2015
Máis información

Taller de Julie Mehretu. Perdiendo el Norte     NOVO
Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: este obradoiro utiliza a actual crise mundial e a fragmentación do mundo que nos rodea para afondar en cuestións de responsabilidade, intuición e creación. Os candidatos deberán ser artistas con experiencia e demostrar un serio compromiso coa política, a literatura e a poesía contemporánea. O idioma do mesmo será en inglés.
Prezo: aos participantes non residentes en Cantabria se lles facilitará aloxamento no Colegio Mayor Torres Quevedo (habitación individual/almorzo). Cada alumno recibirá unha axuda de 455€ destinados a dietas.
Datas: 29 de xuño – 10 de xullo de 2015. Inscrición ata o 15 de maio de 2015
Máis información 

El A, B, C, D, E para fotografiar tu obra
    NOVO
Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: obradoiro orientado a dotar aos alumnos das ferramentas técnicas e conceptuais para fotografiar a súa obra: o mecanismo fotográfico, traballar con luz natural, controlar a iluminación artificial e a posproducción.
Prezo: xeral: 95€; estudantes: 85€
Datas: 18, 20, 22, 25 e 27 de maio de 2015
Máis información

Conocer el arte contemporáneo. 8 artistas contemporáneos que deberías conocer       NOVO
Convoca: La Térmica, Málaga
Descrición: o curso convida a coñecer a fondo a arte contemporánea percorrendo o mapa das actuacións e tendencias artísticas contemporáneas e centrándose en algúns dos artistas relevantes da arte de hoxe.
Prezo: 8€/sesión
Datas: 19 de maio: Banksy. Arte e rúa; 30 de xuño: o museo dos 100 días: percorrido pola Documenta 13
Máis información  

Taller de grabado. Punta seca y aguafuerte       NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: iniciación ás técnicas de gravado dirxido a artistas e afeccionados na aprendizaxe das distintas ramas desta disciplina.
Prezo: xeral: 150€; socios do Círculo de Bellas Artes e desempregados: 138€
Datas: 23 maio-20 xuño 2015
Máis información

"La senda y la trama". Una exploración de nuestros recursos creativos       NOVO
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Mallorca
Descrición: partindo do proxecto creativo de Javier Vallhonrat titulado "La senda y la trama", analizaranse as ferramentas e procesos para desenvolver o traballo de calquera artista. 
Prezo: 175€
Datas: 29-31 maio 2015
Máis información

Claustro de Les Clíniques d'Es Baluard (2ª edición)       NOVO
Convoca: Es Baluard Museu d'Art Modern i Contemporani, Mallorca
Descrición: programa estable de ensino non regrado para artistas. De oito meses de duración, pretende profesionalizar o sector do ensino das artes en España.
Prezo: 300€
Datas: inicio: 17 setembro 2015. Inscrición ata 15 xuño 2015
Máis información

Escuela de las artes 15       NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes; Universidad Carlos III, Madrid
Descrición: proxecto que propón actividades de formación en arte e humanidades desenvolvidas mediante dous tipos de programas de verán. 
Prezo: cursos de 40 horas: xeral: 275€; estudantes e desempregados: 200€; alumnos UC3M, socios Círculo de Bellas Artes e antigos alumnos da Escuela de las Artes: 135€. Cursos de 20 horas: xeral: 130€; estudantes e desempregados: 95€; alumnos UC3M, socios Círculo de Bellas Artes e antigos alumnos da Escuela de las Artes: 70€
Datas: IX curso de Gestión Cultural: 15-26 xuño; cultura japonesa. Claves para entender el Japón de hoy: 15-19 xuño; cuando la moda se encuentra con la cultura: 15-19 xuño; pensar el arte, pensar las artes: 22-26 xuño; periodismo contra la oxidación de las libertades: 22-26 xuño; just Cinema: 15-17 xuño + 22-24 xuño; recortando voy, recortando vengo: 15-19 xuño; orientar el oído a la música: 15-19 xuño; escritura narrativa: 15-19 xuño; color y creatividad: 22-26 xuño; la aventura de la pintura moderna, de Goya a Warhol: 22-26 xuño 2015
Máis información

Esmaltes cerámicos, materiales y procesos de prueba      NOVO
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Mallorca
Descrición: o curso convida a introducirse no coñecemento e o uso dos materiais, a metodoloxía e o proceso de esmaltado das diferentes pastas cerámicas en baixa e alta temperatura, ademais da utilización de diferentes pastas, esmaltes e estilos decorativos.
Prezo: 210€
Datas: 6-17 xullo 2015
Máis información

Libros-arte. "Miró y Brossa. La poética del papel"      NOVO
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Mallorca
Descrición: curso-obradoiro de gráfica no que os participantes poderán experimentar diferentes procedementos para crear e editar, de xeito individual ou colectivo, un libro-arte.
Prezo: 2175€
Datas: 10-14 agosto 2015
Máis información

PREMIOS

AUTONÓMICOS

XIII Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo       NOVO
Convoca: Concello de Arteixo, A Coruña
Descrición: poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. Deberán presentar unha fotografía que retrate os camiños tradicionais do Concello de Arteixo e estea en papel fotográfico, cun tamaño mínimo de 20x25cm e máximo de 30x40cm. Deberán ir centradas e montadas sobre unha cartolina de 40x50cm branca ou negra.
Premios: 1º premio: 800€; 2º premio: 600€; 3º premio: 400€
Data fin: 22 de maio de 2015
Máis información

Concurso Carteis Festa da Istoria 2015    NOVO
Convoca: Fundación Festa da Istoria, Ourense
Descrición: concurso aberto a todos os interesados. Os concursantes deberán presentar un máximo de dúas obras inéditas en tamaño 63x43cm e sempre en posición vertical. Deberán levar escrito o seguinte texto en fonte MEATH: “FESTA DA ISTORIA. RIBADAVIA. 28 e 29 de AGOSTO DE 2015. Declarada de Interese Turístico Nacional. www.festadaistoria.com”. Poderase enviar as obras impresas ou en formato dixital.
Premio 500€
Data fin: 30 de maio de 2015
Máis información

XIII Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense    NOVO
Convoca: Deputación de Ourense, Ourense
Descrición: concurso para mozos ou mozas de entre 18 e 30 anos. As obras serán de temática libre e poderán encadrarse nas modalidades de pintura, escultura, gravado ou calquer tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalación, etc.). Deberán axustarse ás seguintes características: pintura: non superior a 2m; escultura: altura máxima de 1,80cm e base máxima de 1mx1m.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: 1.000€; dous accésits de 500€ cada un.
Data fin: 31 de maio de 2015
Máis información

Premio Clínica Campos Clinicae    NOVO
Convoca: Campos Clinicae e Asociados, Vigo
Descrición: esta convocatoria pretende impulsar proxectos artísticos na sala de conferencias da clínica Campos Clinicae, de 100m2 de superficie. Os soportes admitidos son, ademais dos tradicionais (papel, maquetas, fotografía, etc.), CD ou DVD e calquera formato de Microsoft Office ou libre lectura (PDF, Shockwave, etc.).
Premio: 3.000€; (2.000€ de honorarios + 1.000€  para produción) 
Data fin: 30 de setembro de 2015
Máis información

IX Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas    NOVO
Convoca: Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Descrición: poderán participar artistas que nacesen ou residan en Galicia e non superen os 40 anos a data de 31 de decembro de 2015. A participación poderá ser individual ou colectiva. Deberá presentarse unha única obra inédita e orixinal, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte. As medidas máximas para cada tipo de achega son como seguen: pintura e fotografía: 250x250cm se a obra é única e 400 cm se se trata dun díptico ou serie; escultura: un cubo imaxinario de 250cm de lado e 100kg de peso; instalacións: un cubo imaxinario de 400x400 cm de base; videocreación: enviarase o vídeo orixinal coa documentación. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 1.000€ e intervención inédita na Zona C por un importe máximo de 2.500; un accésit de 1.000€.
Data fin: 30 de outubro de 2015
Máis información

ESTATAIS

XXXV Concurso Fotográfico Sarthou Carreres    NOVO
Convoca: Agrupació Fotogràfica Sarthou Carreres, Comunidade Valenciana
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos afeccionados e profesionais residentes en España. Cada participante poderá presentar unha ou dúas coleccións formadas por catro obras cada unha. A temática e técnica son libres, mais aconséllase que as obras dunha mesma colección teñan unidade temática. As obras poderán estar reveladas por procedemento químico ou dixital, non se admitirán fotocopias nin impresións láser. O tamaño do papel será de 20x30cm ou A4 e as obras presentaranse sen montar en soporte ningún. Está permitido achegar as obras por medios electrónicos.
Premios: premio de honra á mellor colección: 1.000€; premio á segunda mellor colección: 500€; premio á mellor colección de autor social: 300€.
Data fin: 22 de maio de 2015
Máis información

XX Concurso de fotografía Foto Petrer 2015    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Petrer, Alacante
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos residentes en España. Establécense tres apartados temáticos: a) colección: tres fotografías con unidade temática; b) libre: obras individuais de temática libre e c) local: obras individuais referidas ao concello de Petrer. A técnica é libre, admítense fotografías en branco e negro e en cor, pero deberán ir montadas nun soporte ríxido de 1,5 a 2mm de grosor e un formato de 40x50cm.
Premios: a) colección: 700€; b) libre: 1º premio: 400€; 2º premio: 300€; 3º premio: 250€; c) local: 1º premio: 225€; 2º premio: 175€; 3º premio: 150€.
Data fin: 22 de maio de 2015
Máis información

XVI Certamen de Fotografía “Ciudad de Tomelloso”    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Tomelloso, Castela-A Mancha
Descrición: poderán participar artistas españois e estranxeiros cun máximo de dúas obras por modalidade: pintura, debuxo e fotografía. A temática e a técnica serán libres. Coas obras adquiridas e seleccionadas editarase un catálogo e realizarase unha exposición.  As obras deberán axustarse ás indicacións seguintes: fotografía: formato de 40x50cm, sen enmarcar e montadas sobre passepartout de 2mm; pintura: dimensións mínimas de 100x80cm e máximas de 200cm en calquera lado; debuxo: dimensións libres.
Premio: fotografía: fondo de adquisición de 2.000€ para fotografías en cor e en branco e negro; pintura e debuxo: a) fondo adquisición “Antonio López García”: 9.000€ e b) fondo adquisición “Francisco Carretero”: máximo de 4.000€.
Data fin: fotografía: 3 xuño 2015; debuxo e pintura: 17 xuño 2015.
Máis información

XVIII Premio de Pintura Fundación Mainel    NOVO
Convoca: Fundación Mainel, Valencia
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas nados en datas posteriores ao 31 de decembro de 1979, sen importar a súa nacionalidade. O artista gañador e os dez seleccionados con mención de honra estarán invitados a participar nunha exposición colectiva, de carácter comercial, na Galería9 de Valencia no outono de 2015.
Premios: 3.000€ e 10 mencións de honra
Data fin: 5 de xuño de 2015
Máis información 

III Premio de Pintura Camarote Madrid 2015   NOVO
Convoca: Camarote Madrid
Descrición: premiarase unha obra pictórica realizada por un artista español ou residente en España. A temática será libre e as obras poderán estar executadas en calquera técnica de artes visuais sobre soporte plano. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 1.800€; tres premios de aquisición Café Quijano, Carlos Herrera e Leo Harlem: 600€ cada un
Data fin: 14 de xuño de 2015
Máis información

II Certamen Internacional de Fotografía “Villa de Andorra”    NOVO
Convoca: Patronato Municipal de Cultura de Andorra, Teruel
Descrición: poderán participar aqueles artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade. Os concursantes presentarán unha única obra, aínda que esta pode tratarse dunha serie de ata catro fotografías. O tema, a técnica e o estilo son libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 1.200€: dous accésits: 300€ cada un
Data fin: 15 de xuño de 2015
Máis información

II Premio Ankaria al Libro de Artista    NOVO
Convoca: Fundación Ankaria, Madrid
Descrición: poderán participar artistas ou colectivos sen ningún tipo de restricción por nacionalidade ou idade. Cada artista presentará unha obra vía e-mail. O tema é libre. Non existe restricción de tamaño nin formato. A obra será un libro artista-libro obxecto. O proxecto gañador pasará a formar parte da próxima exposición en itinerancia de La Palabra Pintada que se realizará na sede da Universidad de Cantabria.
Premios: 1º premio: máximo 2.000€; 2º premio: máximo 1.000€
Data fin: 15 de xuño de 2015
Máis información

XVII Certamen de Artes Plásticas José Lapayese 2015    NOVO
Convoca: Centro de Estudios del Jiloca, Teruel
Descrición: poderán participar todos os artistas, nacionais ou estranxeiros cunha soa obra inédita e recente, de pintura ou escultura, de temática e medidas libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición itinerante.
Premios: Premio José Lapayese 2015: 1.200€ + exposición monográfica coa edición do catálogo da mesma; Premio Ars: 1.000€
Data fin: 30 de xuño de 2015
Máis información

Certamen de Pintura “Ciudad de Martos”     NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Martos, Xaén
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, sempre que sexan nados ou residentes na Unión Europea. Os artistas terán completa liberdade de técnica e tendencias estéticas, salvo que os materiais utilizados poidan dificultar a manipulación e/ou exhibición. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 2.500€ + diploma
Data fin: 3 de xullo  de 2015
Máis información

Festival Internacional de Cortos de Terror en el Castillo – Arroyo de la Luz 2015     NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Arroyo de la Luz, Cáceres
Descrición: poderán participar realizadores, de forma individual ou colectiva, de ámbito internacional. Poderán concursar curtametraxes de ficción, de cine ou vídeo. Non se admiten obras de animación. As obras deberán pertencer ao xénero de terror. Os traballos terán unha duración máxima de 20 minutos.
Premios: 1º premio: 1.000€: 2º premio: 500€; 3º premio: 200€
Data fin: 3 de xullo  de 2015
Máis información

XLV Concurso Internacional de Pintura Homenaje a Rafael Zabaleta Quesada     NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Quesada, Xaén
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, sen importar a súa nacionalidade. O tema e a técnica das obras serán libres. Cada artista poderá presentar dúas obras como máximo. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición con venda ao público, cuxo prezo estará determinado polo artista.
Premios: Premio Rafael Zabaleta: 6.000€ + busto; Premio Rafael Hidalgo de Caviedes: 3.000€ + busto; Premio José Luis Verdes de la Riva: 2.000€ + busto
Data fin: 5 de xullo  de 2015
Máis información

XXXI Certamen de Artes Plásticas de Ciudad Rodrigo 2015     NOVO
Convoca: Corporación Municipal Mirobrigense, Salamanca
Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen, sen distinción de residencia ou nacionalidade. A modalidade será a pintura. A técnica e o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 2.531,64€; accésit: 379,75€
Data fin: 29 de xullo de 2015
Máis información

XVI Premio de Artes Plásticas Pere Romeu de Pintura     NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Torredembarra, Tarragona
Descrición: o tema será libre. Poderá presentarse unha soa obra por participante ou unha serie de cómo máximo tres imaxes, de técnica libre.
Premio: 1.000€
Data fin: 31 de xullo de 2015
Máis información  

XVI Premio de Artes Plásticas Pujol Montané de Escultura     NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Torredembarra, Tarragona
Descrición: o tema será libre. Poderá presentarse unha soa obra por participante, con técnica libre.
Premio: 1.000€
Data fin: 31 de xullo de 2015
Máis información  

Premio Bienal Pilar Juncosa y Sotheby’s     NOVO
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca
Descrición: nesta convocatoria búscase potenciar os proxectos artísticos vinculados aos obradoiros de obra gráfica de Joan Miró situados na masía do século XVIII de Son Boter. Por isto, a Fundación premiará a produción dun proxecto artístico relacionado coa obra seriada ou a arte múltiple en todas as súas posibles manifestacións (escultura, cerámica, vídeo, fotografía, obra gráfica, etc.) e que poida desenvolverse todo ou en parte nos obradoiros de obra gráfica de Miró.
Premio: 20.000€ (6.000€ como premio e o resto destinado á produción da obra)
Data fin: 31 de xullo  de 2015
Máis información

III Premio de Grabado Xilográfico “La Torre de L’Encenall”     NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Torredembarra, Tarragona
Descrición: poderán presentarse artistas de calquera nacionalidade. O tema será libre e a técnica será a xilografía.
Premio: 1.000€
Data fin: 31 de agosto de 2015
Máis información  

Premi Internacional Ramón Roca Boncompte de Gestión Cultural     NOVO
Convoca: Ros Roca Group e Fira Tàrrega
Descrición: a temática serán estudos inéditos no campo da xestión da cultura. O premio quere promover a aparición de estudos de carácter, dimensión e aplicabilidade universais cuxo corpo sexa marcadamente reflexivo e ensaístico. Teranse en consideración catro grandes criterios: a relevancia e a innovación reflexiva; a capacidade social, política e cultural de transformación; a aplicabilidade propositiva e o rigor metodolóxico de ensaio.
Premio: 6.000€
Data fin: 15 de setembro de 2015
Máis información   

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.