rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Concerto CRÚAS

Concerto CRÚAS

Datas: 
9 decembro 2023
Lugar: 
Salón de actos
Horario: 
19:00
Prezo: 
Taquilla inversa


Proposta musical diferente da man do grupo musical CRÚAS, composto por Alba Ermida e Iria San Marcial, que terá lugar o sábado 9 de decembro ás 19.00 no salón de actos do MARCO. 

“CRÚAS é un dúo de piano e voz que nace para poñerlle música a palabras de poemas galegos. Poesías feitas cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Un espectáculo, ou máis ben, unha viaxe por emocións, paisaxes e temas que arrola oíntes atentos, que cura feridas abertas, que aperta almas crúas.”

Para este espectáculo utilizaremos o método da taquilla inversa. Para quen non o coñeza, é tan sinxelo como pagar á saída a cantidade que cada quen crea que vale o espectáculo.