rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CURSO Suso Fandiño: "Na orixe das especies"

CURSO Suso Fandiño: "Na orixe das especies"

Datas: 
31 xaneiro 2024 - 28 febreiro 2024

Dende a Comisión Xestora presentámosvos unha novidosa actividade: un curso impartido polo artista, docente e experto en arte contemporánea Suso Fandiño, organizado pola Agrupación Amiga coa participación do MARCO, que terá lugar entre o 31 de xaneiro e o 28 de febreiro:

“NA ORIXE DAS ESPECIES. As outras xenealoxías da Arte Contemporánea”
Suso Fandiño
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Organiza: AAM Agrupación Amiga do MARCO
Colabora: AA Ateneo Atlántico

DATAS = 31 xaneiro/ 7 febreiro/ 14 febreiro / 21 febreiro / 28 febreiro (5 sesións)
HORARIO = mércores de 19.00 a 21.00
LUGAR = MARCOteca, sala contigua Biblioteca [sesións 1 a 4] e Espazo Anexo [sesión 5]

PREZO MATRÍCULA = 40€ para público xeral / 30€ para membros AAM e AA (previa acreditación)
PRAZAS LIMITADAS. Máximo 35 asistentes, por orde de inscrición

Reserva preferente para membros AAM e AA

Achegamos nesta mensaxe un pdf co programa do curso.

+ INFO sobre a obra e traxectoria de Suso Fandiño en http://susofandino.com/fandino/es/bio

INSCRICIÓN E MATRÍCULA a partir do 3 de xaneiro:

As persoas interesadas poden solicitar a ficha de inscrición, presencialmente ou por email, en taquilla MARCO a partir do mércores 3 de xaneiro.

Taquilla MARCO:
Horario apertura: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30
Tel. +34 986 113900 (extensión 200) / recepcion@marcovigo.com