rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Percorrido polo barrio de Jenaro de la Fuente ata a rúa Coutadas

Percorrido polo barrio de Jenaro de la Fuente ata a rúa Coutadas

Datas: 
21 outubro 2023
Lugar: 
O punto de encontro é a Igrexa Parroquial da Inmaculada Concepción

O sábado 21 de outubro ás 11.30 temos unha nova cita co noso amigo Ramón Ilarri, na que percorreremos o barrio de Jenaro de la Fuente ata a rúa Coutadas

O punto de encontro é a Igrexa Parroquial da Inmaculada Concepción, na intersección da rúa Jenaro de la Fuente coa rúa Toledo, seguindo un roteiro moi interesante polas rúas Toledo, Benito Castro Nogueira, Aragón e Coutadas. 

Durante o percorrido poderemos apreciar obras de artistas como María Lapeña, Iria Blanco, Mon Devane, Doa Ocampo, Cris Oitaben e Alba Fabre, entre outras. 

Aínda que é un roteiro cómodo, sen apenas ascensos e escaleiras, é un pouco longo, cunha duración aproximada de dúas horas, polo que recomendamos calzado cómodo. 

CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:

Dadas as características do roteiro, e para poder gozar da visita con todas as garantías, o número máximo de participantes será de 25 persoas.

A efectos organizativos, pregámosvos que, por favor, vos apuntedes o antes posible enviando un mail a agrupacion.amiga@marcovigo.com, sinalando o voso nome e apelidos.