
Roteiro Casco Vello
Este roteiro constará de dúas etapas polo Casco Vello Vigués, e será guiado por Rosa Sáenz.
Partindo dende o Banco dos Contos e rematando na Praza de Almeida, ofrécese a oportunidade de descubrir a cidade dende outro punto de vista, destacando algunha rehabilitación levada a cabo nestes últimos anos.
A duración aproximada da ruta será de tres horas.
Así pois, vémonos o vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 11.00h no Banco dos Contos, ao inicio da Rúa Pracer, preto de onde rematan as escaleiras mecánicas que suben dende a Porta do Sol.
Dadas as características do roteiro, e para poder gozar da visita con tódalas garantías, o número de prazas ofertadas será de vinte persoas.
O roteiro é de balde, sendo necesario anotarse.
RESERVAS DE PRAZA:
Por teléfono, email, ou presencialmente, na taquilla do MARCO:
Horario de taquilla: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30
986 113900 (Extensión 100) / recepcion.marco@gmail.com