rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita á exposición de Mercedes Lence

Visita á exposición de Mercedes Lence

Datas: 
9 abril 2024
Lugar: 
Espacio Beny (rúa Doutor Cadaval 27)
Horario: 
19.00


O martes 9 de abril ás 19.00, convidámosvos a unha visita á exposición de Mercedes Lence no Espacio Beny (rúa Doutor Cadaval 27), guiada pola propia autora. 

A exposición inclúe varias pezas realizadas coa técnica de encáustica, coa que pinta sobre unha mestura de materiais quentes para conseguir acabados cheos de personalidade. Lence mostra así a súa obra máis abstracta, onde a superficie se enriquece con texturas cheas de emocións, dando como resultado unha pintura moi vivencial.

+ INFO: http://www.mercedeslence.com/