rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita á exposición “GUILLERMO MONROY”

Visita á exposición “GUILLERMO MONROY”

Datas: 
31 xaneiro 2023
Lugar: 
SVT Espazo de Arte (Gran Vía 129, Vigo)
Horario: 
19:00

A nosa procura da arte contemporánea, e grazas á colaboración de SVT Espazo de Arte, lévanos esta vez a visitar a exposición “GUILLERMO MONROY”, na compañía do comisario da exposición, ÁNGEL CERVIÑO, o vindeiro MARTES 31 de xaneiro ás 19.00h no espazo da devandita galería (Gran Vía 129, Vigo).

Coincidindo co 40º aniversario do seu falecemento, SVT Espazo de Arte, presenta unha selección de obras, na súa gran maioría inéditas, procedentes do legado familiar, que conforman unha produción artística única e irrepetible: nunha década de intenso traballo e dedicación plena á pintura, Monroy desenvolveu un proxecto artístico de inusitada madurez e coherencia, que parece desmentir a extremada mocidade do seu artífice.

Guillermo Monroy foi un daqueles novos artistas que constituíu, ao iniciarse a década dos 80, o grupo Atlántica, historia viva e núcleo fundacional do movemento que propiciou a máis radical renovación das prácticas artísticas. Sendo así un creador fundamental dentro da historia máis recente da arte contemporánea. Esta exposición preséntase como exercicio de memoria sobre unha produción artística de extraordinaria calidade.

Foto: Convite da exposición (detalle)