rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita á exposición “O QUE HAI. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade”

Visita á exposición “O QUE HAI. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade”

Datas: 
9 xaneiro 2024
Lugar: 
Fundación Laxeiro (Casa das Artes, 2º andar)
Horario: 
18:30


Convidámosvos a unha visita á exposición “O QUE HAI. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade” na Fundación 
Laxeiro (Casa das Artes, 2º andar), guiada polo artista e profesor Alberto Santos  (‘Ash’ Santos), que comisaría esta mostra. 

Alberto Santos conta que a partir da crise económica de 2008, o alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra viuse mergullado nun contexto que, para toda unha xeración de artistas, facía pouco menos que imposible desenvolver unha traxectoria con certa dignidade.

+ INFO en: https://laxeiro.org/o-que-hai-obxecto-materia-e-o-cotian-nos-tempos-da-precariedade/

Esta exposición é a primeira proposta realizada no marco do acordo de colaboración asinado entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo, que posibilitará un proxecto expositivo anual, realizado por artistas e comisarios/as vencellados á Facultade de Belas Artes de Pontevedra.