rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

ACCESIBILIDADE

ACCESIBILIDADE

Este sitio web foi deseñado e construído baseándose nos principios que permiten facer deste medio unha fonte de información accesible para todos, achegando na medida do posible o contido do mesmo a persoas que presenten discapacidades, tanto físicas coma intelectuais ou técnicas.

Mediante o cumprimento dos puntos de verificación definidos na especificación "Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web" pola Iniciativa de Accesibilidade Web do W3C, así como normativas nacionais específicas como a UNE 139803:2004 garántese o máis alto nivel de igualdade no acceso á información contida no sitio web.

Así, as distintas seccións da páxina están optimizadas para o seu axeitado procesamento por medio de programas de asistencia aos discapacitados visuais, incorporando o correspondente etiquetado dos enlaces, permitindo a identificación de linguaxe ao nivel do contido, e empregando correctamente as follas de estilo para o formato das páxinas.
Adicionalmente, establecéronse atallos de teclado destinados para o seu uso por persoas con problemas motrices que lles dificultan o emprego do dispositivo sinalador.

O seu uso dependerá do navegador e sistema operativo que empregues:

* INTERNET EXPLORER: Alt + tecla de acceso rápido + Enter
* NETSCAPE: Alt + tecla de acceso rápido
* MOZILLA FIREFOX: Alt + tecla de acceso rápido
* MOZILLA FIREFOX dende a versión 2.0: Alt + Maiúscula + tecla de acceso rápido
* OPERA: maiúsculas + Esc + tecla de acceso rápido

As teclas de acceso rápido son:

S: Saltar navegación
1: Home
2: Exposicións
3: Didáctica
4: Actividades
5: Biblioteca
6: Publicacións
7: Amigos do MARCO
8: Visitas
9: Contacto
0: Guía web

O cumprimento estrito dos estándares HTML definidos polo W3C foi tamén unha prioridade constante no deseño e construción da plataforma que sirve de soporte ao sitio web, asegurando a correcta validación do código e polo tanto a súa axeitada visualización polos navegadores que observen os devanditos estándares.

SOBRE ESTA WEB

MARCO, Museo de arte contemporánea de Vigo, a través desta web, facilita información sobre o museo e as súas actividades tratando que sexa práctica, accesible e actualizada para todas as persoas interesadas. Se estima que falta algunha información relevante ou nos quere facer unha suxestión, axudaranos a seguir mellorando.

Esta web desenvolveuse coa plataforma de código aberto Drupal, de probada versatilidade, e realizamos probas de visualización na maior parte dos navegadores actuais, polo que non debería ter problemas para navegar por ela. Se atopou algunha dificultade, agradecémoslle que se poña en contacto connosco.