|
PREPARA A TÚA VISITA:
O MARCO está situado no centro da cidade, na rúa Príncipe, 54 (zona peonil), xunto á confluencia das rúas Colón e Urzáiz.
Como chegar?
En coche: no contorno do MARCO existen varios aparcadoiros públicos. En tren: a estación de RENFE, na Praza da Estación, está a 5 minutos a pé do MARCO. En avión: o aeroporto de Vigo (Peinador) está situado a 7 km. do centro da cidade.
Horarios do museo: Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 21.00 Domingos de 11.00 a 15.00 Pechado os luns
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

- Vestíbulo principal
- Despacho de Billetes, gardarropa
- Salón de actos
- Tenda-librería
- Aseos adaptados
- Restaurante-cafetería
- Salas de exposición da planta baixa
- salas de exposición do primero andar
- Biblioteca/Centro de Documentación
- Laboratorio das Artes
- Salas de exposición do Espacio Anexo
- Aseos
|
|
CONSELLOS PRÁCTICOS:
Á súa chegada, no vestíbulo do museo atopará o despacho de billetes, co seu gardarroupa, e tamén taquillas individuais para gardar os seus obxectos persoais.
O museo está especialmente adaptado para persoas con discapacidade, e inclúe dúas ramplas de acceso á entrada principal, ascensores para o primeiro andar, e aseos adaptados. Existen tamén dúas cadeiras de rodas a disposición do público.
Normas de acceso:
Lembramos aos visitantes que non está permitido:
- Tocar as obras de arte
- Introducir alimentos ou bebidas
- Entrar con mochilas, bolsos ou paraugas
- Acceder con animais, excepto cans guía
- Facer ruído ou correr polas salas de exposición
No caso de que estean interesados en facer fotografías nas salas de exposición, é imprescindible consultar ao persoal do despacho de billetes.
Os visitantes teñen á súa disposición follas de suxestións e follas de reclamación no despacho de billetes.
Visitas guiadas:
- Visitas guiadas todos os días ás 18.00
- Visitas escolares:
De martes a venres, en quendas de 10.30 a 12.00 e de 12.00 a 13.30 Contacto: Pilar Souto 986 113900 / 113911 pilar.souto@marcovigo.com
|