rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
MARCO. Inauguración exposición

MARCO. Inauguración exposición

Datas: 
22 abril 2017
Lugar: 
MARCO, salón de actos e vestíbulo principal
Horario: 
12.30 (sesión vermú)


#SalónDoMARCO. Un lugar para facer
Dirixido por Fran Quiroga
Proxecto gañador da convocatoria ANEXO 2017

O #SALÓN DO MARCO configurase como un espazo recoñecible pola propia sociedade, como esa sala de estar dun fogar na que reunirse en torno a unha mesa ou sentarse no sofá e falar do devir e do cotía. Este ‘lugar para estar’ concíbese como un proxecto de mediación, experimentación e investigación colectiva que facilita o impulso de comunidades de aprendizaxe; considerando a mediación non como un proceso de explicación do que alí ocorre, senón como un dispositivo que procura tecer redes e xerar conexión.