rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita guiada á exposición ‘O mundo do pintor’, de Misha Bies Golas en SVT Espacio de Arte

Visita guiada á exposición ‘O mundo do pintor’, de Misha Bies Golas en SVT Espacio de Arte

Datas: 
10 outubro 2019
Lugar: 
SVT Espacio de Arte (Gran Vía 129, Vigo)
Horario: 
19.00

SVT Espacio de Arte da comezo á nova tempada coa mostra ‘O mundo do pintor’ de Misha Bies Golas (Lalín, 1977), un artista que dende hai varios anos ven desenvolvendo un dos proxectos artísticos máis lúcidos da súa xeración. Nesta proposta producida para SVT Espacio de Arte presenta unha serie de pinturas (na súa grande maioría inéditas) sobre papel e sobre planchas de caucho, que poñen de manifesto a intensísima relación de Misha Bies Golas coa pintura nas modalidades e rexistros máis contemporáneos.

+ INFO e crédito fotográfico: https://www.facebook.com/SVT-Espacio-de-Arte-298981867451806/